Cookies

Buscador

A continuación presentámosche as formacións e actividades vixentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder a todas elas ou o buscador se o que queres é localizar actividades que cumpran uns criterios específicos.

19/02/2022 -

Actividade do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2022 // Acto Institucional da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA e Xornada: O fomento da participación social nas persoas con Asperger.

Con motivo do 18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, a Federación Autismo Galicia organiza un acto oficial conmemorativo, coa presencia de representantes da administración, que dará paso a unha Xornada Online gratuita a cargo da Asociacion Asperga, tratando a importancia da participación social nas persoas con Asperger, as necesidades e realidades que atopa o colectivo. INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA "Fomento da participación social nas persoas con Asperger." CUBRINDO ESTE FORMULARIO.

18/02/2022 -

Presentación en aberto do vídeo TESTEMUÑA de Fabio Díaz e Andrés García, persoas con autismo, para o #DiaInternacionalAsperger.

As persoas con síndrome de Asperxer esfórzanse cada día por encaixar en contornas inflexibles que non se adaptan ás súas características e necesidades. Teñen ilusións, capacidades e ganas de demostrar do que son capaces. Como ti! Pero tamén necesidades específicas que é preciso atender para que poidan participar da sociedade en igualdade de condicións. Como ti! Programa DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER #HAZESPACIO #DíaInternacionalAsperger.

18/02/2022 -

Presentación en aberto do vídeo TESTEMUÑA de María José Ramos Gutierrez, persoa con autismo, para o #DiaInternacionalAsperger.

As persoas con síndrome de Asperxer esfórzanse cada día por encaixar en contornas inflexibles que non se adaptan ás súas características e necesidades. Teñen ilusións, capacidades e ganas de demostrar do que son capaces. Como ti! Pero tamén necesidades específicas que é preciso atender para que poidan participar da sociedade en igualdade de condicións. Como ti! Programa DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER #HAZESPACIO #DíaInternacionalAsperger.

03/02/2022 -

ASPERGA: Formacións para persoas con SA/ TEA e as súas familias.

Unha vez máis, ASPERGA ofrece ás persoas con SA/ TEA e as súas familias programas formativos onde abordar moitas das cuestións que xa se nos expoñen cada día, de maneira presencial, nos nosos centros da Coruña e Santiago de Compostela.

20/11/2021 -

Atención a persoas con autismo. Familias Azuis.

Formación dirixida a familiares de persoas con autismo. Aforo limitado.

06/11/2021 -

CURSO3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. O APOIO CONDUTUAL POSITIVO

PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2021. Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas. PECHADA A INSCRICIÓN PRAZAS ESGOTADAS

06/11/2021 -

Xornada formativa: O ciclo vital nos TEA. Asociación Capaces Lugo.

Destinado a calquera persoa interesada e persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia. As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.

03/11/2021 -

WEBINARIO PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”

ACTIVIDADE FORMATIVA EN LIÑA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DA REFORMA DO CÓDIGO CIVIL. Implicacións para o acompañamento das persoas con necesidades de apoio. INSCRÍBETE NO CURSO NESTA LIGAZÓN.

27/10/2021 -

WEBINARIO PARA PROFESIONAIS DAS ENTIDADES FAG “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”