Buscador
A continuación presentámosche as formacións e actividades vixentes.
Utiliza o pasapáxinas para acceder a todas elas ou o buscador se o que queres é localizar actividades que cumpran uns criterios específicos.
05/07/2021 -
ECOCAMP – campamento de verán de ASPERGA
Campamento con pernoita no que leva a cabo unha intervención psicoeducativa baseada principalmente no contacto coa natureza, a convivencia cun grupo de iguais e a aprendizaxe experiencial mediante actividades pouco habituais na súa rutina diaria.
01/07/2021 -
URBANCAMP na Coruña e Santiago de Compostela con ASPERGA
Campamento urbano organizado e levado a cabo por equipo técnico de ASPERGA, tanto no centro da Coruña como no de Santiago de Compostela. Levarase a cabo ao longo de 4 semanas no mes de xullo. Os participantes acudirán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00.
28/05/2021 -
CURSO: ENVELLECEMENTO E TEA. Familias e entidades ante o reto do envellecemento.
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, destinado a familias, profesionais do ámbito sanitario e social, que dará a coñecer as necesidades e cambios das persoas adultas con TEA, e especialmente aquelas que se presentan nas etapas avanzadas das súas vidas. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO
27/05/2021 -
CURSO: Formación en Gobernanza e principios de Xestión de entidades non lucrativas
FORMACIÓN INTERNA: DESTINADA A PROFESIONAIS DAS ENTIDADES ASOCIADAS. O obxectivo é capacitar ás persoas con responsabilidade na xestión asociativa e técnicos para a toma de decisións e desenvolvemento da estructura administrativa e económico financeira da asociación. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO
22/05/2021 -
Formación Voluntariado de ASPERGA
Móvenos o respecto cara ás persoas voluntarias e a crenza de que a participación social en ASPERGA é imprescindible para o crecemento da organización.
18/05/2021 -
OBRADOIROS da Asociación ASPERGA no Concello de Narón
ASPERGA ofrece aos seus socios/ as e usuarios/ as e súas familias os obradoiros gratuítos, no Concello de Narón.
18/05/2021 -
Actividades da Asociación ASPERGA e seu PROGRAMA DE OCIO na Coruña e Santiago de Compostela
ASPERGA ofrece aos seus socios/ as e usuarios/ as e súas familias os obradoiros gratuítos, na Coruña e Santiago de Compostela
22/04/2021 -
A Literatura infantil, un camiño máis para a inclusión, con Asociación FAMILIAS AZUIS.
Para celebrar o Día do Libro, teremos a Sonia Hermida conversando acerca de cómo a literatura infantil é unha ferramenta útil e necesaria de cara a inclusión.
17/04/2021 -
CURSO: EMPREGO E TEA
FORMACIÓN INTERNA: DESTINADA A PROFESIONAIS DAS ENTIDADES ASOCIADAS. O curso está enfocado a dotar aos profesionais, das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, de ferramentas teórico-prácticas, tanto para a posta en marcha de programas de emprego das entidades, como para o desenvolvemento de melloras nos programas existentes. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO