Cookies

Documentos

Materiais, recursos, guías

A continuación presentámosche algúns importantes recursos sobre o autismo.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar documentos que cumpran uns criterios específicos.


22/02/2022 | PDF | 2.667 KB

Farmacia TEAtende. GUÍA DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA nas boticas.

A guía Farmacia TEATENDE, ten como finalidade prestar apoio e servir de documento de referencia ante as barreiras cognitivas e comunicativas que se interpoñen no desenvolvemento da persona con trastorno do espectro do autismo (TEA). Esta guía está dirixida ó persoal da farmacia, con apoios e medidas —baseadas na accesibilidade universal— deseñadas para beneficiar a todas as persoas, maila que en especial ás persoas con autismo e as súas familias. Para a implementación da accesibilidade nas farmacias, apóstase pola mellora na adecuación dos espazos: establecendo unha sinalización, non só para a designación do espazo, senón tamén para describir a secuencia de acción, (é dicir, o proceso para desenvolver unha proposta dentro de ese espazo); así mesmo, procurarase adaptar medidas de adecuación xeral da contorna, ó igual que traballar coas persoas que estean cara o público. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

12/11/2021 | PDF | 1.830 KB

Manual o meus coidados de enfermería e outras probas médicas

Desde o programa de mellora de atención sanitaria e saúde ofrecemos o Manual “Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas” financiado polo Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.O manual “Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas” está pensado para axudar as persoas con TEA e familiares a través de información visualmente adaptada, sobre os procedementos sanitarios máis habituais. Queremos diminuír o estrés e a ansiedade que xera na familia e na persoa con TEA antes, durante e despois dunha consulta, exploración ou proba médica. Ademais ofrecemos orientacións para prepararse de forma positiva nas consultas sanitarias. Facer máis accesible o coidado da saúde, de forma adecuada as persoas con TEA e as súas familias, convértese no fin deste manual. Construír xuntos un sistema de coidados de saúde con menos barreiras para facer máis accesible o coidado da saúde das persoas con TEA en igualdade de condicións. Manual realizado coa colaboración da Asociación Aspanaes e a Facultade de enfermería e podoloxía da Universidade da Coruña (Ferrol).

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

04/01/2021 | PDF | 6.207 KB

Guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles”

A guía de accesibilidade cognitiva: “Construíndo contornas accesibles” editada pola Federación Autismo Galicia, é un material informativo e de sensibilización, dirixido á creación de contornas accesibles, que permitan acceder e facer uso dos mesmos a todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 


Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 1.078 KB

DÍPTICO CONSTRUÍNDO CONTORNAS ACCESIBLES: SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

O díptico construíndo contornas accesibles: servizo de accesibilidade cognitiva é un documento que describe o concepto de accesibilidade e accesibilidade cognitiva e informa sobre o servizo da rede de accesibilidade de Autismo Galicia. É un material para o coñecemento do traballo da rede e o contacto para a colaboración no desenvolvemento de medidas e actuacións a favor da mellora da accesibilidade cognitiva de todas as persoas. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 932 KB

DÍPTICO O BARRIO ACCESIBLE: COMERCIOTEATENDE

“ O Barrio accesible: comercio TEAtende” , é un documento informativo e de asesoramento dirixido aos comerciantes. O material recolle información sobre o proxecto de Autismo Galicia “O barrio accesible: comercio TEAtende”  e un resumo das orientación e pautas que se atopan na páxina http://accesibilidad.autismogalicia.org/accesibilidade para facer un comercio máis accesible cognitivamente para que todas as persoas podamos facer uso do noso comercio de barrio de unha maneira máis amable, autónoma e eficaz.. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

15/12/2020 | PDF | 12.717 KB

Unidade didáctica do Parlamento de Galicia, adaptada para persoas con autismo.

A unidade didáctica adaptada foi elaborada polo Parlamento de Galicia co asesoramento da Federación Autismo Galicia. Esta iniciativa forma parte dos compromisos adquiridos nun convenio asinado entre o Parlamento e a Federación Autismo Galicia, que tamén se traduciu na instalación de pictograma adaptados ás necesidades de comunicación das persoas con trastorno do espectro autista nas diferentes dependencias da sede do Lexislativo galego. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

27/11/2020 | PDF | 1.566 KB

Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria.

Financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Ga-licia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

04/11/2020 | PDF | 2.554 KB

COMERCIANTES E PERSOAS CON TEA: COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN EFICAZ

“Como establecer unha comunicación eficaz”, é un documento dirixido aos comerciantes  do comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela. O documento, recolle unha serie de pautas ou recomendacións, orientadas a mellorar a comunicación, o trato e a interacción, entre os comerciantes e as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. O obxectivo final é facilitar ás persoas con autismo o acceso e uso do comercio dun xeito autónomo, mellorando así a súa calidade de vida. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías

04/11/2020 | PDF | 2.999 KB

RECOMENDACIÓNS PARA COMERCIANTES: COMO FACER DO TEU COMERCIO, UN COMERCIO ACCESIBLE

O documento:  “Como facer do teu comercio, un comercio accesible”, son unha serie de recomendacións dirixidas aos comerciantes do comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela. O obxectivo destas recomendacións, é orientar e dar pautas aos comerciantes, para poder facer os seus comercios máis accesibles a todas as persoas, e en especial ás persoas con TEA, aplicando diferentes medidas de accesibilidades cognitiva. Consulta tamén a nosa páxina do Servizo de Accesibilidade Cognitiva en http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

Arquivado en:
Info Autismo > Materiais, recursos, guías