Cookies

Buscador

A continuación presentámosche as formacións e actividades vixentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder a todas elas ou o buscador se o que queres é localizar actividades que cumpran uns criterios específicos.

07/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN TRASCOS: Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais.

Para o domingo día 7 de abril, a Asociación TRASCOS organizou un Día de Convivencia entre persoas con TEA, familias e profesionais na Asociación A.N.D.R.E.A., co fin de conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

FUNDACIÓN MENELA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2024

Fundacion Menela ten previstas dúas accións coas que busca visibilizar e dar voz as persoas con TEA, porque so se coñecemos o Autismo, poderemos compréndelo e facilitar os apoios específicos que lles permitan avanzar na mellora da calidade de vida. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN APACAF

APACAF vai celebrar este ano o Día Mundial do Autismo cunha festa nos seus centros de atención a persoas adultas autistas: o centro A Braña na Estrada e o centro A Penagrande de Moraña, ambos na provincia de Pontevedra. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN ASPANAES

Aspanaes festexa o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, con múltiples actividades informativas de sensibilización e participación en campañas. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN POR ELES TEA: CONOCETEA. POR ELES, POR TI !!!

Queremos visibilizar, informar e formar, e tendo en conta as vosas demandas, dúbidas e preocupacións, non hai mellor mes que abril para COÑECER O TEA. Contaremos durante todas as semanas con profesionais formados de diferentes entidades que impartirán FORMACIÓNS GRATUÍTAS para todas as familias que queiran participar. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

01/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN ASTEAVI

AsTEAVI conmemora o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, con múltiples actividades informativas de sensibilización e participación en campañas. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

15/03/2024 -

Curso: Tecnoloxías como apoio ás persoas con TEA.

En este curso ofrecerase unha visión global do estado das tecnoloxías e a súa aplicación a persoas con TEA tanto en contornas de intervención como na contorna familiar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
 

02/03/2024 -

Xornada do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2024: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo.

Con motivo do 18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS un cambio de paradigma para o Autismo, e presentación da REVISTA MAREMAGNUM Nº27 “Unha feliz viaxe pola vida” INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA

 

17/02/2024 - | Santiago de Compostela

CICLO FORMATIVO COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO 2024

O CICLO FORMATIVO en COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO consta de tres cursos: Curso 1: Comprensión e estratexias de apoio ao alumnado no espectro do autismo. Curso 2: Habilidades sociais no espectro do autismo. Curso 3: Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas no espectro do autismo.  INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.