Cookies

Buscador

A continuación presentámosche as formacións e actividades vixentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder a todas elas ou o buscador se o que queres é localizar actividades que cumpran uns criterios específicos.

30/06/2022 -

ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA no CRA María Zambrano

Actividade formativa dirixida aos docentes do CRA María Zambrano: Rompendo barreiras para mellorar a accesibilidade cognitiva no centro educativo.

 

16/06/2022 -

PÍLULA FORMATIVA EN XESTIÓN ECONÓMICA PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Destinatarios: dirixido principalmente a  membros de xuntas directivas e técnicos das entidades asociadas que están a empezar a tramitar subvencións. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

04/06/2022 -

Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA.

Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

01/06/2022 -

I CURSO INTRODUCCIÓN AO TEA da Asociación Por Eles TEA

O curso diríxese a graduados/ as en maxisterio, psicoloxía, logopedia, psicopedagoxía, terapia ocupacional, integración social, educación social, entre outras formacións relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e social. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

21/05/2022 -

Obradoiro: TEA e Sexualidade. Dirixido ás persoas con TEA a partir dos 12 anos. FAMILIAS AZUIS

A cargo da psicóloga Macarena Blanco Delgado da Fundación Menela.

21/05/2022 -

ACTIVIDADE FORMATIVA NA ESCOLA INFANTIL MI PRIMER PASO.

O equipo da Escola Infantil “ Mi primer Paso” formarase sobre o autismo en relación a detección temperá, a comprensión das características do Trastorno do espectro do autismo (TEA) e formas eficaces de apoio aos nenos e nenas con TEA e as súas familias na primeira infancia.

 

20/05/2022 -

Xornada formativa en accesibilidade cognitiva.

A formación impartirase para o equipo da Fundación Meniños e focalizarase tanto no trastorno do espectro do autismo como na accesibilidade cognitiva, sendo a mellora da contorna, a súa comprensión e a adaptación das persoas aos diferentes contextos os obxectivos principais da mesma.

 

28/04/2022 -

PÍLULA FORMATIVA EN DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA.

Destinatarios: membros de xuntas directivas e técnicos das entidades asociadas. Obxectivo: facer un achegamento aos requisitos para ser unha entidade declarada de utilidade pública. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

08/04/2022 -

Curso Promoción da vida saudable a través do ocio nas persoas con TEA.

Adquirir coñecementos específicos sobre o lecer e facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as habilidades necesarias para fomentar o ocio nas persoas con TEA. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO