Cookies

Órganos de goberno

ASEMBLEA XERAL

 
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno da federación e está integrada por todas as entidades socias. O seu funcionamento e acordos réxense polos principios de transparencia, participación, igualdade e democracia interna, todos eles recolleitos nos estatutos da Federación Autismo Galicia como principios e valores da entidade.
 
Son facultades da Asemblea Xeral:
 
  • Aprobar, no seu caso, a dirección e xestión da Xunta Directiva.
  • Examinar e aprobar as contas anuais, memoria de actividades e plan de acción da federación.
  • Aprobar ou rexeitar as propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da Federación.
  • Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.
  • Aprobar a creación dun comité técnico, de xerentes ou calquera outra comisión de traballo, que redunde nun mellor funcionamento da federación a través do seu asesoramento.
  • Aprobar e modificar regulamentos que desenvolvan preceptos recolleitos nos estatutos e que en concreto o que regula o réxime e procedemento disciplinario.
  • Calquera outro que non sexa competencia exclusiva da Asemblea Extraordinaria.
 

XUNTA DIRECTIVA.

 
A Xunta Directiva é o órgano de goberno da entidade cuxas funcións se recollen amplamente nos seus estatutos e entre as que se atopa a representación da mesma en todos os ámbitos.
A Xunta Directiva está constituída por 5 persoas: Presidente/a; Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e Vocal.
Ningunha delas ostenta cargos nas seguintes institucións: partidos políticos, sindicatos grupos empresariais, congregación relixiosa ou Administración Pública.
 
Os cargos da Xunta directiva son non remunerados e na actualidade está constituída por representantes das organizacións membro:
 
  • Presidencia: Dna. Mercedes Fernández Angulo, en representación dá entidade Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo dá Provincia dá Coruña, ASPANAES.
  • Vicepresidencia: D. Luís González Rodríguez, en representación dá Asociación de Pais do Centro Castro Navás.
  • Secretaría: Dna. María Soledad García Penalta, en representación dá Asociación Galega de Asperxer, ASPERGA.
  • Tesourería: D. José Manuel Varela Rodríguez, en representación dá Asociación de Pais do Centro de Educación Especial Menela.
  • Vogalía: Dna. Esperanza Domínguez Bautista, en representación dá Asociación Autismo Vigo.
 


      Imprimir