Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia. | 27/01/2022 | ASPERGA: Formacións para persoas con SA/ TEA e as súas familias.

ASPERGA: Formacións para persoas con SA/ TEA e as súas familias.

Unha vez máis, ASPERGA ofrece ás persoas con SA/ TEA e as súas familias programas formativos onde abordar moitas das cuestións que xa se nos expoñen cada día, de maneira presencial, nos nosos centros da Coruña e Santiago de Compostela.

03/02/2022 -

ASPERGA: Formacións para persoas con SA/ TEA e as súas familias (con prioridade de participación de socios/ as e usuarios/ as).

Levaranse a cabo de maneira EN LIÑA a través da plataforma ZOOM (un día antes de cada formación contactaremos cos primeiros 30 rexistrados para facerlles chegar a ligazón). Desta maneira esperamos chegar a todas as persoas que estean interesadas en coñecer máis esta síndrome e as súas características.
 
Unha vez máis, ASPERGA ofrece ás persoas con SA/ TEA e as súas familias programas formativos onde abordar moitas das cuestións que xa se nos expoñen cada día, de maneira presencial, nos nosos centros da Coruña e Santiago de Compostela.
 
XOVES 3 DE FEBREIRO DE 2022 de 18:15 a 19:45 QUE É O TEA?
Abordaremos en profundidade que é o TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), as súas características principais e os graos de apoio que existen. Centrarémonos no TEA con grao I, anteriormente denominado Síndrome de Asperger.
 
XOVES 17 DE FREBRERO DE 2022 de 18:15 a 19:45 PROCESAMENTO SENSORIAL ATÍPICA
As persoas con TEA adoitan presentar un procesamento sensorial atípico que inflúe no seu desempeño diario e na súa relación coa contorna. Nesta charla comentaremos en que consiste, como podemos detectalo e como inflúe no día a día das persoas con TEA.
 
 
PROGRAMA DE EMPODERAMENTO E CAPACITACIÓN DAS FAMILAS DE PERSOAS CON TEA
Subvencionado por Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas ( IRFP).
 

 

Lugar de celebración:

EN LIÑA a través da plataforma ZOOM.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades