Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 18/02/2022 | Presentación en aberto do video TESTEMUÑA de María José Ramos Gutierrez, persoa con autismo, para o #DiaInternacionalAsperger.

Presentación en aberto do vídeo TESTEMUÑA de María José Ramos Gutierrez, persoa con autismo, para o #DiaInternacionalAsperger.

As persoas con síndrome de Asperxer esfórzanse cada día por encaixar en contornas inflexibles que non se adaptan ás súas características e necesidades. Teñen ilusións, capacidades e ganas de demostrar do que son capaces. Como ti! Pero tamén necesidades específicas que é preciso atender para que poidan participar da sociedade en igualdade de condicións. Como ti! Programa DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER #HAZESPACIO #DíaInternacionalAsperger.

18/02/2022 -

Campaña de Incidencia Social Autismo Galicia polo #DiaInternacionalAsperger. #Hazespacio ás persoas con síndrome de Asperger

O 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data instaurada en 2007 para visibilizar e reivindicar os dereitos das persoas con síndrome de Asperxer, é dicir, con trastorno do espectro do autismo (TEA) sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.

18 de febreiro CAMPAÑA do #DiaInternacionalAsperger

As persoas con síndrome de Asperxer (trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe) esfórzanse cada día por encaixar en contornas inflexibles que non se adaptan ás súas características e necesidades. Teñen ilusións, capacidades e ganas de demostrar do que son capaces. Como ti! Pero tamén necesidades específicas que é preciso atender para que poidan participar da sociedade en igualdade de condicións. Como ti!

Preténdese concienciar á cidadanía do potencial das persoas con síndrome de Asperger, é dicir, das súas capacidades (ás veces vistas pola sociedade de maneira errónea, con admiración polas súas habilidades extraordinarias para certas actividades ou o seu amplo coñecemento nos temas que son do seu interese); pero tamén das barreiras ou dificultades ás que se teñen que enfrontar no seu día a día pola súa condición (dificultades de interacción social, de comprensión, de adaptación, etc.).

Neste día facemos un chamamento á cidadanía para comprender e promocionar a súa participación na sociedade en igualdade de condicións. “Fai espazo” para poñer de manifesto o esforzo que o colectivo leva a cabo cada día por encaixar en contornas inflexibles que non se adaptan ás súas características e necesidades.

ACTIVIDAES PORGRAMADAS PARA O DÍA INTERNACIONAL ASPERGER PREME AQUÍ

Participan no vídeo: María José Ramos Gutiérrez, persoa con SA/TEA da Asociación Aspanaes.

Os obxectivos que perseguimos ao celebrar este día son:

  1. Concienciar á cidadanía do potencial das persoas con síndrome de Asperger, é dicir, das súas capacidades (ás veces vistas pola sociedade de maneira errónea, con admiración polas súas habilidades extraordinarias para certas actividades ou o seu amplo coñecemento nos temas que son do seu interese); pero tamén das barreiras ou dificultades ás que se teñen que enfrontar no seu día a día pola súa condición (dificultades de interacción social, de comprensión, de adaptación, etc.).
  2. Facer un chamamento á cidadanía para comprender e promocionar a súa participación na sociedade en igualdade de condicións.

 

QUÉ É A SÍNDROME DE ASPERGER?

O  TEA é un trastorno complexo do  neurodesarrollo que acompaña á persoa durante todo o seu ciclo vital.

Porque é un ESPECTRO? Considérase un espectro porque aínda que todas as persoas con  TEA comparten dificultades na comunicación social, o pensamento e a conduta inflexible,  atopamos unha ampla variación no tipo e a gravidade dos síntomas.

As manifestacións dos síntomas son diferentes en cada persoa concibíndoo como un trastorno enormemente heteroxéneo e como un conxunto máis que como unha categoría que describa un modelo de ser.

Podemos referirnos ao tradicionalmente denominado “síndrome de Asperger” como trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.

Características del síndrome de Asperger

As persoas con síndrome de Asperger comparten as características nucleares do TEA, que se manifestan fundamentalmente en dúas áreas do seu desenvolvemento evolutivo e funcionamento persoal: a comunicación social e a flexibilidade do comportamento e do pensamento.

Polo que respecta á comunicación, por exemplo, teñen dificultades para entender a comunicación non verbal (xestos, expresións faciais, ton de voz, etc.), as mensaxes sutís que se transmiten a través desta canle ou o significado non literal da linguaxe (moitas veces non entenden as bromas, os chistes, as metáforas ou os sarcasmos).

En relación coa flexibilidade do comportamento, as persoas con síndrome de Asperger teñen dificultades para recoñecer e comprender as regras sociais “non escritas”, resúltalles complexo intuír cales son os sentimentos e emocións doutras persoas (polo que pode parecer que non os teñen en conta) e atopan difícil expresan as súas propias emocións dunha maneira convencional.

A  inflexibilidad de pensamento maniféstase, por exemplo, en que a súa forma de pensar é ríxida e concreta, o que lles fai ter dificultades en tarefas que requiren flexibilidade ou procura de alternativas para a resolución de problemas; as rutinas proporciónanlles seguridade e pautas concretas de actuación; ten intereses moi concretos e específicos sobre os que chegan a ser expertos.

Prevalencia

Aínda que descoñecemos o número exacto de persoas que presentan TEA sen discapacidade intelectual asociada, ou síndrome de Asperger, diversos estudos de prevalencia da discapacidade intelectual na poboación infantil e adolescente con  TEA (menores de 18 anos) apuntan a que poderían representar ao redor dun 45-70% do colectivo  TEA.

A SITUACIÓN EN GALICIA

Estímase que 1 de cada 100 nacementos pode ser unha persona con TEA, iso deixanos con case 27.000 persoas con TEA en Galicia.

A Federación Autismo Galicia representa, apoia e defende os dereitos de máis de 8000 persoas, familias e persoas con  TEA, as súas 16 entidades conforman a plataforma e amparo necesario para a defensa dos dereitos e necesidades das persoas con TEA.

A nosa aspiración é ofrecer un armazón de servizos que apoien e cubran todas as necesidades e demandas das persoas con TEA e as súas familias durante todo o traxecto da súa experiencia vital. Por este motivo estamos nun estado permanente de revisión, crecemento e construción de obxectivos, cos que obter unha maior calidade de vida, de servizos, de atención directa e de formación.

 

 

Este vídeo foi realizado coa colaboración de Asociación Aspanaes, entidade membro da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, e producido dende o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia.

Unha actividade organizada pola Federación Autismo Galicia e subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.

 

Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades