Cookies

CANAL ÉTICO

CANAL ÉTICO da Federación Autismo Galicia.

Contamos cun canal de comunicación específico coa nosa entidade a disposición dos grupos interese que manteñen con ela relacións diversas:  laborais, comerciais ou de colaboración, co obxectivo de identificar condutas irregulares da organización ou áreas de mellora na súa xestión interna.

Este canal é o “Canal Ético”, para facer uso do mesmo existen dúas opcións:

  • Enviando un correo electrónico a: canaletico@autismogalicia.org
  • Enviando unha comunicación á: Federación Autismo Galicia, A/A Canal Ético, Rúa Home Santo de Bonaval, 74, 15703 Santiago de Compostela.

Enviar unha denuncia implica manifestar un estado ilegal, irregular ou inconveniente de calquera acción levada acabo pola nosa entidade.

Este Canal non está dirixido a recoller denuncias relativas a condutas irregulares doutras entidades no marco da súa actividade, sexan empresas, organizacións non lucrativas ou de calquera outro tipo. Tampouco está dirixido a recoller suxestións sobre a actividade ou programas desenvoltos pola Federación.

PREME AQUÍ Para coñecer como se tratará a denuncia podes acceder á Política do Canal Ético.

 

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FEDERACION AUTISMO GALICIA como responsable do tratamento, tratará os seus datos para xestionar a denuncia presentada. Poderá exercitar os dereito de acceso, rectificación e supresión de seus datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que  pode consultar na Política do Canal ou solicitar a través do correo info@autismogalicia.org

 

 


 

 

 

      Imprimir