Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

15/05/2023

ENCONTRO CON PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE 2022

A reunión do grupo de dicusión tivo lugar o 25 de abril na Coruña onde participaron persoas da Federación Autismo Galicia, 3 persoas da Asociación Asperga e 3 da Asociación Aspanaes, do programa de emprego do 2022 acompañados das orientadoras do programa María José Vaamonde Miraz e Maribel Pérez Ardao.

15/05/2023

CERMI Galicia reúnese coa Comisión parlamentaria para o seguimento das políticas sobre a discapacidade.

O encontro enmárcase nas actividades realizadas pola entidade polo Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

10/05/2023

A Federación Autismo Galicia presente na Asemblea Xeral Anual de Autismo Europa.

Na asemblea xeral tratáronse prioridades clave da comunidade do autismo, entre outros temas, a importancia do diagnóstico, a situación das nenas e mulleres autistas e dos anciáns con autismo, as futuras eleccións europeas, e o proceso de consulta cara ás próximas campañas do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

10/05/2023

O profesional da pedagoxía, o especialista en educación na intervención e diagnóstico do autismo.

O día 13 de Maio é o día Internacional da Pedagoxía, e dende a Federación Autismo Galicia queremos dar visibilidade a esta profesión de peso na educación e na ensinanza. O pedagogo/a é unha peza fundamental durante o proceso diagnóstico como no desenvolvemento da intervención da persoa con autismo. Campaña  #DiagnósticoAutismo

 

09/05/2023

AXUDAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2023.

 

08/05/2023

A Federación Autismo Galicia e o CDR Portas Abertas reúnense para crear alianzas dentro do marco do proxecto Rumbo.

Cun obxectivo común, traballar para dar resposta ás necesidades das persoas que viven no rural e que poidan contar cunha atención sociosanitaria integral, as dúas entidades unirán esforzos para avaliar e mellorar a calidade de vida das persoas con TEA residentes na comarca de Verín.

08/05/2023

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023. Toda a información nesta noticia.

05/05/2023

A Federación Autismo Galicia participa no curso de ACIS: Humanización para as persoas con Trastorno do espectro do Autismo.

O pasado 24 e 25 de abril participamos como docentes no curso de Humanización para as persoas con Trastorno do espectro do Autismo, programado polo Servizo de Atención ó Cidadán e ó Paciente do SERGAS e realizado a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

04/05/2023

Boletín INFO AUTISMO GALICIA do 1 de abril ao 1 de maio 2023.

Este boletín recolle as noticias e actividades da Federacion e as súas entidades, e pretende ser un espazo de información dende as entidades membro da REDE AUTISMO GALICIA, para toda persoa ou entidade interesada en coñecer as últimas novas. SUBSCRIBETE AO BOLETÍN