Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

20/06/2023

A Federación Autismo Galicia e o Colexio Oficial de Profesionais de Terapia Ocupacional firman un convenio de colaboración.

A Federación Autismo Galicia ven de firmar un convenio co Colexio Oficial de Profesionais de Terapia Ocupacional para a realización de actividades conxuntas.

16/06/2023

O día nacional da Atención Temperá, a Federación Autismo Galicia reúnese co grupo de traballo de diagnóstico e atención temperá.

A Federación Autismo Galicia xunto co grupo de traballo específico en diagnóstico e atención temperá reúnese para finalizar o informe de situación dos servizos de diagnóstico e de atención temperá para as persoas con TEA. #DíaNacionalAtenciónTemprana

 

12/06/2023

No marco do Proxecto Rumbo, a Federación Autismo Galicia analiza os servizos e recursos existentes para as persoas con TEA na comunidade.

Identificar os recursos que hoxe en día están ó servizo das persoas no espectro do autismo e das súas familias, permitiranos analizar a situación de partida e propoñer novos modelos de apoio a este colectivo.

 

01/06/2023

Boletín INFO AUTISMO GALICIA do 1 de maio ao 1 de xuño 2023.

Este boletín recolle as noticias e actividades da Federacion e as súas entidades, e pretende ser un espazo de información dende as entidades membro da REDE AUTISMO GALICIA, para toda persoa ou entidade interesada en coñecer as últimas novas. SUBSCRIBETE AO BOLETÍN

31/05/2023

A valoración do grao de discapacidade poderase realizar por medios non presenciais cando as circunstancias así o aconsellen

Segundo a Resolución publicada hoxe no BOE, que inclúe unha serie de supostos especiais que poden dar lugar á devandita valoración por medios non presenciais ou telemáticos.
A continuación destacamos os supostos nos que se pode solicitar a valoración do grao de discapacidade de forma non presencial.

30/05/2023

Autismo Galicia da man da asociación Un Máis e do Concello de Tui, acadan un convenio para a mellora da accesibilidade cognitiva na contorna municipal.

A accesibilidade cognitiva inundará o concello de Tui en forma de seminarios formativos para os empregados municipais e sinalética nas instalacións públicas, que permitirá eliminar  as barreiras de tipo cognitivo, psicolóxico e de comunicación dentro do proxecto “Concello de Tui accesible”.

 

29/05/2023

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

Persoas beneficiarias: Alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos  no curso escolar 2023/2024.

 

25/05/2023

Estudio de investigación: PROYECTO RUMBO

Publicamos los cuestionarios para la participación en el Estudio de Situación y necesidades de las personas adultas con autismo: vida independiente y participación social.

16/05/2023

Información para familias e persoas con TEA: GUÍA DE AXUDAS E RECURSOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA e GUÍA DE DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

Dende a Federación queremos facilitar estes trámites renovando a nosa Guía de Discapacidade e Dependencia, para que as persoas e familias de persoas con TEA poidan tela á man para entendelo proceso e ter información de utilidade