Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 09/05/2023 | AXUDAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS.

AXUDAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2023.

 

09/05/2023

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Política Social e Xuventude 

  • ORDE do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS614B) (DOG, nº 74, do martes, 18 de abril de 2023)

OBXECTO: Axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2023.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

REQUISITOS:

  • Que a persoa coidadora solicitante ou a/s persoa/s atenda, sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a persoa que se atende se encontre nalgunha das seguintes situacións:

- Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.

- Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.

- Que a persoa que se atende, no caso de non encontrarse nas situacións anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

MODALIDADES E CONTÍAS DAS AXUDAS:

  • Respiro no fogar. Máximo de 1.000€ por persoa beneficiaria/ano.
  • Respiro en Centro de Día. Máximo de 1.000€  por persoa beneficiaria/ano.
  • Respiro en Residencia. Máximo de 1.500€ por persoa beneficiaria/ano.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESAta o 30 de outubro de 2023

OBSERVACIÓNS: Compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

MÁIS INFORMACIÓN:  No DOG, nº 74, do martes, 18 de abril de 2023 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias