Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

29/11/2022

A Federación Autismo Galicia traballa nunha folla de ruta polo envellecemento activo.

A Federación Autismo Galicia, é consciente de que é imprescindible incrementar o coñecemento sobre os procesos de envellecemento das persoas con TEA en Galicia, promovendo sistemas de apoio especializados que garantan un envellecemento activo e unha óptima calidade de vida nesta etapa do ciclo vital.

28/11/2022

Autismo Galicia celebra a consolidación do Centro Piloto sobre Trastorno do Espectro do Autismo nos Orzamentos Xerais do Estado 2023

O Centro especializado en autismo promove a formación e investigación sobre esta condición que cada vez ten máis porcentaxe da poboación en España: só no últimos dez anos o alumnado con TEA aumentou un 193%. Autismo España, da que Autismo Galicia forma parte na súa xunta directiva, traballou arduamente pola súa consolidación e celebramos a súa continuidade coa certeza de que se trata dun importante logro para o movemento do autismo.

25/11/2022

No día contra a Violencia de Xénero, Autismo Galicia lembra que as mulleres e nenas no espectro do autismo son especialmente vulnerables ante as distintas formas de violencia de xénero.

A violencia contra as nenas e mulleres con autismo é unha realidade invisibilizada. Máis do 40% das mulleres con discapacidade sufriu violencia na parella ao longo da vida, en comparación co 32% das mulleres sen discapacidade.

23/11/2022

A Federación Autismo Galicia impulsa a accesibilidade cognitiva na Xornada de Cultura Accesible.

O pasado xoves 17 de novembro de 2022 tivo lugar a Xornada de Cultura Accesible no centro Ágora da Coruña, Autismo Galicia participou na mesma, xunto con outras entidades e personalidades do eido da accesibilidade de Galicia, presentando as actuacións desenvoltas de xeito específico en materia de accesibilidade cognitiva para a mellora do acceso á cultura, e o impulso da participación cidadá na oferta cultural.

 

22/11/2022

Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade.

Se eres unha persoa con discapacidade gustaríanos que cubriras a «Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade» no idioma da túa preferencia.

18/11/2022

Con motivo do día Internacional da infancia, a Federación Autismo Galicia lembra a necesidade da detección temperá e intervención especializada en TEA

O desafío que o incremento da prevalencia implica, fai necesario establecer medidas para a súa abordaxe, incidindo en propostas de mellora sobre a detección precoz, a coordinación dos distintos ámbitos implicados na atención, no diagnóstico e a avaliación interdisciplinar, para ofrecer unha intervención integral e específica, e potenciar as capacidades na etapa infantil.

17/11/2022

Autismo Galicia e a Asociación Asperga realizan un webinario dixirido a profesionais do Colexio Oficial De Terapeutas de Galicia. Recursos e estratexias para a atención a persoa con autismo.

Esta formación dirixida a colexiados oficiais de Terapia Ocupacional enmarcouse dentro da iniciativa do proxecto da Federación Autismo Galicia 1 de 100 Plus, dando así prioridade a un proceso de sensibilización cara os profesionais de terapia ocupacional, que están en contacto directo coas persoas con TEA.

 

15/11/2022

Servizo de Bolsa de Emprego. Oferta laboral traballador/a social, educador/a social. Programas de cooperación 2022. Federación Autismo Galicia.

O Servizo de Bolsa de Emprego ten o obxectivo de que as nosas entidades federadas podan contar sempre con profesionais formados nas diferentes disciplinas para a prestación dos seus servizos especializados

15/11/2022

Son Mario, teño 31 anos e vivo nunha residencia. Teño TEA e Discapacidade Intelectual Severa Con graves problemas para a comunicación. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a MARIO, persoa adulta con autismo. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?