Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

01/03/2023

Boletín INFO AUTISMO GALICIA do 1 de febreiro ao 1 de marzo 2023.

Este boletín recolle as noticias e actividades da Federacion e as súas entidades, e pretende ser un espazo de información dende as entidades membro da REDE AUTISMO GALICIA, para toda persoa ou entidade interesada en coñecer as últimas novas. SUBSCRIBETE AO BOLETÍN

28/02/2023

As bolsas para alumnado con autismo non universitario incorporan unha axuda de 400 euros o próximo curso

O Consello de Ministros acaba de aprobar o "Real Decreto de Umbrales", que regula a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024. Trátase dunha axuda universal, é dicir, sen umbrais de renda.

24/02/2023

No día da psicoloxía destacamos o papel do profesional da psicoloxía no proceso de detección temperá e diagnóstico do TEA.

A avaliación do TEA debe efectuarse desde un enfoque multidisciplinar. Profesionais que teñan unha alta especialización en TEA e en diagnóstico. Campaña #DiagnósticoAutismo

21/02/2023

Autismo Galicia aplaude o recoñecemento específico do TEA na Lei de Emprego, fundamental para promover a inclusión laboral das persoas con autismo

A Lei de Emprego que se acaba de aprobar recoñece de maneira específica ás persoas con autismo como colectivo de alta vulnerabilidade. Reivindicamos o dereito á inclusión laboral dos homes e mulleres autistas no IV Congreso Nacional de Dereito da Discapacidade.

15/02/2023

A Federación Autismo Galicia comparte coas súas entidades o novo Proxecto Rumbo

O venres 10 de febreiro a Federación Autismo Galicia realizou a presentación do “Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva” dirixida ás entidades asociadas.

13/02/2023

Autismo Galicia aposta polo empoderamento e o fomento da participación das persoas con autismo na xestión e toma de decisións dentro das organizacións.

Na súa conmemoración do Día internacional da Síndrome de Aspeger a Federación Autismo Galicia, pide un ano máis á sociedade que “faga espazo” ás persoas con síndrome de Asperger, para garantir así o seu dereito para participar na sociedade en igualdade de condicións, para auto representarse e conseguir unha vida cada día máis independente.


 

 

08/02/2023

O Proxecto Rumbo recolle o Premio Cermi.es 2022 á mellor práctica de colaboración asociativa

Autismo España, xunto a Autismo Galicia, e as federacións Autismo Andalucía, Federació Catalá d’Autisme e Autismo Castilla y León, participan no proxecto galardoado polo CERMI. Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia e secretaria da Confederación, representa no acto de entrega do premio a todas as entidades do autismo implicadas.

 

08/02/2023

No día internacional da Epilepsia, lembramos que é un dos trastornos neurolóxicos asociados máis frecuente nas persoas con trastorno do espectro do autismo.

O 8 de febreiro celébrase o día internacional da epilepsia. É un día para dar visibilidade a esta alteración e as dificultades que teñen máis de 50 millóns de persoas. Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre  2 % e 46 %, dependendo da idade ou criterios diagnóstico.

06/02/2023

A Federación Autismo Galicia realizou no ano 2022 actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.

No último ano tivemos a oportunidade de formar a máis de 440 profesionais no ámbito social e sanitario en relación a promoción da saúde a través do ocio, exercicio físico e deporte ou condutas desafiantes.