Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/05/2023 | A Federación Autismo Galicia participa no curso de ACIS: Humanización para as persoas con Trastorno do espectro do Autismo.

A Federación Autismo Galicia participa no curso de ACIS: Humanización para as persoas con Trastorno do espectro do Autismo.

O pasado 24 e 25 de abril participamos como docentes no curso de Humanización para as persoas con Trastorno do espectro do Autismo, programado polo Servizo de Atención ó Cidadán e ó Paciente do SERGAS e realizado a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

05/05/2023

Antía Fernández, psicólogo do centro Castro Navás da Fundación Menela, Ana Fernández enfermeira do mesmo centro e Cristina Couto psicóloga da Federación Autismo Galicia trasladaron a profesionais sanitarios do SERGAS, coñecementos e habilidades básicas para mellorar a atención ás persoas con TEA e as súas familias.

A humanización é un elemento clave na calidade dos servizos públicos, e de maior relevancia no ámbito sanitario e sociosanitario

Nesta xornada online, que tivo lugar durante dúas sesións, tratamos de poñer a disposición dos profesionais sanitarios a experiencia da Federación Autismo Galicia e as súas entidades, nesta ocasión representados pola Fundación Menela. Transferimos o noso coñecemento para enriquecer a especialización do persoal sanitario.

Ofertamos ós profesionais de sanidade información sobre as características do paciente con TEA que dificultan a súa capacidade comunicativa, e a súa comprensión no proceso da atención na consulta, que pode supoñer unha barreira para a súa prestación.

Ofrecemos estratexias para mellorar as habilidades comunicativas e facilitar unha atención sanitaria axustada ás necesidades dos profesionais sanitarios e adaptada ás demandas das persoas autistas. Estratexia centradas en lograr os máximos niveis de tranquilidade, confort e benestar físico e emocional das persoas que acceden ao sistema sanitario.

Púxose en valor, como a través de sinxelas estratexias e ferramentas en consultas, que se poden atopar no nosa colección de saúde , o profesional sanitarios poden mellorar o seu desenvolvemento profesional e ofrecer unha atención asistencial de maior calidade.

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias