Cookies

Noticias

Buscador

A continuación te presentamos las 9 noticias más recientes.

Utiliza el pasapáginas para acceder a la colección completa o el buscador si lo que quieres es localizar noticias que cumplan unos criterios específicos.

04/05/2023

Nova xuntanza coordinadora da Rede de Accesibilidade de Federación Autismo Galicia.

A reunión tivo lugar o pasado 27 de abril para reforzar a metoloxía en rede e a posta en marcha do novo proxecto de validadores en accesibilidade cognitiva a desenvolver os próximos meses.

 

28/04/2023

No día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, o CERMI pon o foco no dereito á participación política das persoas con discapacidade.

O CERMI quere facer un chamamento neste Día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade que se celebra en España para lembrar a toda a sociedade que os asuntos públicos tamén son das persoas con discapacidade, que o dereito de todas as persoas á participación política está recollido na propia Convención e na Constitución española. Que vivir nunha democracia implica a participación de todas as persoas.

28/04/2023

Servizo de Bolsa de Emprego. Oferta laboral INFORMATICO-A para Federación Autismo Galicia.

Técnico/a responsable do proxecto de transformación dixital para Federación Autismo Galicia  e cuia misión principal é  garantir a implementación, seguimento, monitorización e avaliación  do  proxecto en todas as  fases, así como a elección das asistencias técnicas necesarias e  máis adecuadas.

 

24/04/2023

Autismo Galicia participa na creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Galicia

Un órgano para a participación activa de nenas, nenos e adolescentes nas decisións que lles afectan. Paticipará no Consello como representante de Autismo Galicia na Plataforma de Infancia de Galicia, Mónica Otero, adolescente con TEA de Santiago de Compostela que está no servizo de habilidades sociais da Asociación Aspanaes. 

24/04/2023

Representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 viaxan a Galicia interesados por un proxecto que desenvolven conxuntamente AUTISMO Galicia, COGAMI, FEGADACE e ASPACE.

O director xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e a asesora do gabinete da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais acompañaron ás entidades representativas da discapacidade para coñecer o ‘Proxecto RUMBO’, un modelo que pretende evitar ou atrasar a institucionalización non desexada da persoa.

18/04/2023

Información para familias e persoas con TEA: A Xunta de Galicia lanza os Campamentos de Verán 2023 para persoas con discapacidade.

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia oferta este verán actividades para persoas que teñan recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, con propostas para os meses de xullo, agosto e setembro.

 

18/04/2023

Día Europeo dos Dereitos do Paciente: A información e o diagnóstico TEA nos dereitos das persoas con condición de autismo como pacientes.

O día europeo dos Dereitos do Paciente celébrase como cada ano dende o 2007 o 18 de Abril, e dende a Federación autismo Galicia queremos dar visbilidade á importancia de estes dereitos  relacionados fundamentalmente coa información e o diagnóstico TEA e os dereitos das persoas con condición de autismo como pacientes. Campaña #DiagnósticoAutismo

17/04/2023

Grazas a X Solidaria e a asignación tributaria do IRPF as entidades da Federación Autismo Galicia terán a oportunidade de desenvolver programas de atención a persoas con trastorno do espectro do autismo.

Durante este ano 2023 Autismo Galicia e as súas entidades poderán desenvolver un maior número de programas e maior dotación económica, grazas as axudas da asignación tributaria do IRPF que distribúe a Xunta de Galicia.