Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/04/2023 | O CiMUS lidera un proxecto de investigación para avaliar o camuflaxe social asociado ó TEA na poboación.

O CiMUS lidera un proxecto de investigación para avaliar o camuflaxe social asociado ó TEA na poboación.

Dende a Federación Autismo Galicia queremos apoiar o  grupo Genomics and Bioinformatics  do CiMUS  e o grupo de  Medicina Xenómica  animando á participación na validación do cuestionario CAT- para adolescentes e persoas adultas que permita detectar mellor ante trazos de autismo camuflados.

 

27/04/2023

Existe un desenvolvemento moi limitado da investigación en certos ámbitos como a educación, a saúde, etc. que limitan o coñecemento sobre a realidade actual das persoas con TEA e as súas familias.

Debido a isto, consideramos que é preciso continuar fomentando a investigación, o desenvolvemento e a innovación para incrementar o coñecemento, así como as boas prácticas e a evidencia da eficacia de probas de valoración , apoios e intervencións que dan resposta ás necesidades das persoas con autismo e ás súas familias.

O CiMUS e o estudo de CAT-Q-ES

O grupo Genomics and Bioinformatics  do CiMUS  e o grupo de  Medicina Xenómica  ten unha nova liña de investigación para validar o cuestionario CAT-Q-ES para a poboación española.

Trátase de unha ferramenta de apoio ó diagnóstico do autismo que mide o camuflaxe de xestos autistas en contextos de interacción social.

Este instrumento analizará os mecanismos que utilizan as persoas diagnósticas con TEA para enmascarar, esconder ou compensar os seus xestos autistas durante as interaccións sociais. Para poder validar este cuestionario, as preguntas van ir encamiñadas en torno a cuestións sociodemográficas e emocionais que se viran relacionadas con conductas de camuflaxe.

“O desenvolvemento dun instrumento de avaliación de camuflaxe social é necesario xa que a literatura demostra que as mulleres autistas adoitan sentir máis presión por encaixar socialmente. Por isto, vense na necesidade de desenvolver conductas para camuflarse entre os/as demais en maior medida que os homes. Isto provoca que as súas dificultades sexan máis propensas a pasarse por alto, obstaculizando así o diagnóstico e o tratamento temperá”, comenta a investigadora responsable do estudo, Montse Fernández.

Quen pode participar?

En esta iniciativa poderán participar tódalas persoas maiores de 18 anos que o desexen, completando e difundindo unha serie de cuestionarios online que miden aspectos emocionais.

En que consiste a participación:

A participación en este proxecto consiste en cubrir unha serie de cuestións online que miden os aspectos emocionais. Este proceso ten unha duración aproximada de 20 minutos e debe realizarse nunha única sesión.

A participación é completamente voluntaria e podes abandonar o proceso en calquera momento. Os datos necesarios para levar a cabo este estudio serán recollidos e conservados de modo anónimo,  polo que non se recollerá ningunha información persoal ( data de nacemento, inicias, etc.).

De esta maneira, as persoas participantes non poderán ser identificadas nin sequera polo equipo investigador.

Os resultados dos cuestionarios aloxaranse nun repositorio protexido en propiedade do equipo de investigación. A información obtida poderá transmitirse a terceiros xa que esta non pode ser identificada.

Esta investigación foi aprobada polo Comité de Bioética da Universidade de Santiago de Compostela o 16/01/2023 (USA 48/2022)

 

Participa no seguinte enlace: https://vps10.cesga.es/redcap/surveys/?s=F3YHFKKEKLFYL8RD

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias