Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/10/2020 | Mercedes Fernández Angulo, nova presidenta da Federación Autismo Galicia.

Mercedes Fernández Angulo, nova presidenta da Federación Autismo Galicia.

Damos a benvida a nova representante e presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

15/10/2020

Tras o recente proceso electoral na Asociación Aspanaes e o nomeamento de Mercedes Fernández Angulo como vicepresidenta e en representación da entidade Asociación de Pais e nais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da Provincia da Coruña, ASPANAES, na Federación Autismo Galicia; a xunta directiva da Federación Autismo Galicia celebrada o pasado mércores 14 de outubro, ratifica o nomeamento de Mercedes Fernández Angulo como nova presidenta a cargo da Federación Autismo Galicia.

Mercedes Fernández Angulo toma así a substitución da man de María José Álvarez Folgar, quen expresou palabras de parabéns á súa sucesora.

 

 

Mercedes Fernández Angulo inicia a súa andaina tras forxar a súa experiencia como Diplomada Universitaria en Enfermería, cun máster en Xerontoloxía clínica e social. Exercendo de enfermeira durante máis de vinte anos en atención primaria e hospitais de Galicia. Cursa e obtén os títulos de Enfermería de Empresa e Técnico superior de Prevención de Riscos Laborais, e traballa nunha clínica privada orientada cara á atención á empresa. Despois adquire a titulación de especialista en intervención asistida con cabalos e foi a promotora desde 2009 do centro "A Leira", atendendo a persoas con discapacidade. Como nai dun mozo con TEA, é socia de Aspanaes e membro da Xunta Directiva desta asociación desde hai 12 anos, asumindo o cargo de Vicepresidenta en 2020.

 

O resto de representantes da Xunta Directiva seguirá composta por:

Vicepresidencia: D. Luís González Rodríguez, en representación da “Asociación de Pais do Centro Castro Navás”.

Secretaría: Dna. María Soledad García Penalta, en representación da Asociación Galega de Asperger, ASPERGA.

Tesorería: D. José Manuel Varela Rodríguez, en representación da “Asociación de Pais do Centro de Educación Especial Menela”.

Vocalía: Dna. Esperanza Domínguez Bautista, en representación da Asociación Autismo Vigo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias