Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 14/02/2024 | Curso: Tecnoloxías como apoio ás persoas con TEA.
Curso: Tecnoloxías como apoio ás persoas con TEA.
En este curso ofrecerase unha visión global do estado das tecnoloxías e a súa aplicación a persoas con TEA tanto en contornas de intervención como na contorna familiar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
15/03/2024 -
*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Desde hai algúns anos, o uso de tecnoloxías consolidouse como un elemento útil para a intervención especializada en persoas con autismo, debido á elevada taxa de uso de dispositivos na sociedade, á súa sinxeleza e ao atractivo que espertan.
Aínda que o seu uso cotián está moi estendido, para a súa aplicación adecuada é necesario combinar os coñecementos sobre o TEA xunto coa realidade de cada alumno ou alumna e información sobre as posibilidades que a tecnoloxía e os distintos desenvolvementos asociados á mesma poden ofrecer ao/á profesional, ás propias persoas con autismo e ás súas familias.
É importante coñecer como pode empregarse a tecnoloxía de maneira adecuada nas diferentes áreas de desenvolvemento das persoas, tanto desde o enfoque da aprendizaxe como desde o soporte que poden proporcionar para a realización de diversas actividades de forma máis autónoma.
A capacitación profesional é fundamental para poder sacar o máximo partido ás ferramentas tecnolóxicas dispoñibles, mellorando de este modo a calidade da intervención levada a cabo con persoas con TEA.
En este curso ofrecerase unha visión global do estado das tecnoloxías e a súa aplicación a persoas con TEA tanto en contornas de intervención como na contorna familiar, abordando non só a exposición de ferramentas e recursos dixitais, senón tamén o uso responsable e seguro que permita previr situacións e condutas pouco adecuadas en relación co uso de tecnoloxías.
OBXECTIVOS:
- Coñecer as principais achegas da tecnoloxía á intervención especializada no Trastorno do Espectro do Autismo.
- Identificar as necesidades das persoas con TEA que poden ser apoiadas mediante tecnoloxías.
- Coñecer as principais categorías de recursos tecnolóxicos existentes.
- Establecer criterios de selección dos recursos dixitais máis adecuados para as persoas con TEA en función das súas características persoais.
- Fomentar o uso responsable da tecnoloxía e previr as adiccións.
- Incrementar a competencia dixital dos profesionais e familias que se relacionan con persoas con TEA.
DATAS: Venres 15 e sábado 16 de marzo de 2024
Nº DE HORAS: 8
HORARIO:
- Venres 15 de marzo: De 16:30h. a 20:30h
- Sábado 16 de marzo: De 10h. a 14h.
MODALIDADE: Online (Zoom). Non se gravará, polo que non se poderá acceder á formación fóra do horario no que se imparte.
PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas con TEA, profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.
NÚMERO DE PRAZAS: 125
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 5 de marzo de 2024 ás 12h.
*Confirmaremos a praza ou lista de espera por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición (a partir do mércores, 6 de marzo de 2024).
PROGRAMA
- Introdución: Oportunidades da tecnoloxía para a persoa con autismo.
- A tecnoloxía no fogar y en contornas de intervención: consellos de implementación e uso.
- Uso responsable de tecnoloxía: riscos e estratexias.
- Criterios para a selección de aplicacións.
- Consideracións metodolóxicas.
-
Áreas de intervención:
- Habilidades cognitivas básicas.
- Comunicación e linguaxe.
- Anticipación e estruturación.
- Secuenciación de tarefas.
- Emocións e autorregulación.
- Ferramentas de autor e recursos innovadores.
- Compoñente inclusivo da tecnoloxía.
FORMADORA: Lupe Montero é Mestra de Educación Especial, Experta en Intervención en Trastorno do Espectro do Autismo e ten un Master en Tecnoloxías para a Educación e o Coñecemento. Actualmente é a directora da área de Educación Inclusiva En Smile and Learn. Autora do blog Aulautista e coautora do Proxecto Leo con Lula, desenvolveu numerosas experiencias de uso das TIC para a intervención mediante proxectos de carácter práctico con alumnado con TEA e en colaboración con diversas entidades e universidades. Co-dirixe a serie formativa “Tecnoloxía e autismo” impulsada por Fundación Orange e desenvolve habitualmente actividades formativas para profesionais, mostrando nas súas intervencións o potencial da tecnoloxía para apoiar a persoas con discapacidade tanto na súa aprendizaxe como no desenvolvemento de habilidades de carácter funcional.
MÁIS INFORMACIÓN: www.autismogalicia.org // formacion@autismogalicia.org // Teléfono: 981 589 365
Organiza: Federación Autismo Galicia
Lugar de celebración:
MODALIDADE ONLINE
Archivada en: