Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 15/09/2023 | XORNADA DE DETECCIÓN E DIAGNÓSTICO EN TEA EN IDADES TEMPERÁS

XORNADA DE DETECCIÓN E DIAGNÓSTICO EN TEA EN IDADES TEMPERÁS – Federación Autismo Galicia.

A xornada está destinada a profesionais dos ámbitos sanitario, educativo e social, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no TEA en xeral. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

06/10/2023 -

*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade

DESCRICIÓN:

A detección e o diagnóstico do trastorno do espectro do autismo é o inicio do punto de partida para a persoa con TEA e a súa familia. A posterior intervención temperá no autismo é unha condición necesaria para alcanzar unha boa calidade de vida nos anos posteriores, e para que a persoa con TEA logre un desenvolvemento das súas capacidades. Abordaremos a detección dende os ámbitos educativo e sanitario e daremos a coñecer boas prácticas para a detección e a atención ás persoas con trastorno do espectro do autismo.

OBXECTIVO: Dar a coñecer o proceso de detección e diagnóstico dende diferentes ámbitos e recursos de apoio en idades temperás.

DATA: Venres, 6 de outubro de 2023

HORARIO: De 9h. a 14h.

MODALIDADE: Online ou presencial no Salón de actos da Consellería de Sanidade (Edificio SERGAS. San Lázaro, Santiago de Compostela).

PERSOAS DESTINATARIAS:  A xornada está destinada a profesionais dos ámbitos sanitario, educativo e social, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no TEA en xeral.

NÚMERO DE PRAZAS: 50 presenciais e 100 online.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o mércores, 4 de outubro de 2023. Confirmaremos a praza por correo electrónico e facilitaremos o enlace na modalidade online para a súa participación.

PREZO: Gratuíto.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

PROGRAMA

PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DO ACTO

  • Mª Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia.
  • Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

MESA 1. A DETECCIÓN PRECOZ NO TEA NO ÁMBITO EDUCATIVO E SANITARIO.

  • A detección dos trastornos do neurodesenvolvemento nas escolas infantís.
    Gustavo Manuel Quindimil Gómez, xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.
  • O papel da pediatría na detección do TEA. Sheila Ingerto Docampo e Consuelo Lobelle González,  pediatras da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
  • O papel da Neuropediatría no diagnóstico e manexo do TEA. Cristina Melcón Crespo, neuropediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Servizo de Pediatría. Unidade de Neuropediatría.
  • Rolda de preguntas.

MESA 2. EXPERIENCIAS EN POSITIVO.

  • A nosa experiencia coa detección temperá: programa de detección precoz para menores de 31 meses. Sonia Seixo Piñeiro, psicóloga do Servizo de valoración e diagnose de Aspanaes.
  • Detección dos primeiros sinais de TEA sen discapacidade intelectual (SA) na infancia. Valentín Varela Valiño, psicólogo e Elva Vázquez de la Montaña, logopeda de Asperga, Asociación Galega de Asperger.
  • Programa de detección en irmáns e irmás. Macarena Blanco Delgado, coordinadora do Servizo de atención temperá e diagnóstico.  da Fundación Menela.
  • Transferencia e implantación do programa de detección e abordaxe temperá do autismo “bbMiradas” en distintas realidades autonómicas. Ruth Vidriales Fernández, directora técnica da Confederación Autismo España.
  • Presentación da guía “Autismo: detección e apoio nas escolas na etapa infantil”. Cristina Couto Pena, psicóloga da Federación Autismo Galicia.
  • Rolda de preguntas.

PAUSA

MESA 3. EXPERIENCIAS EN PRIMEIRA PERSOA.

  • A longa peregrinaxe no diagnóstico. Esperanza Domínguez Bautista, nai de persoa con TEA e presidenta da Asociación Autismo Vigo.
  • Coa detección precoz, mellora a calidade de vida. Mónica Otero Calvo, usuaria de Aspanaes e María Picos Rubido, psicóloga do Servizo de habilidades persoais e sociais de Aspanaes Santiago.
  • Rolda de preguntas.

RELATORIO DE CLAUSURA.

  • Consello Xenético. Ángel Mª Carracedo Álvarez, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
  • Rolda de preguntas.

CLAUSURA DO ACTO. Mª Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

Organiza: Federación Autismo Galicia

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.

 

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Online ou presencial no Salón de actos da Consellería de Sanidade (Edificio SERGAS. San Lázaro, Santiago de Compostela).

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades