Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 28/02/2023 | As bolsas para alumnado con autismo non universitario incorporan unha axuda de 400 euros o próximo curso

As bolsas para alumnado con autismo non universitario incorporan unha axuda de 400 euros o próximo curso

O Consello de Ministros acaba de aprobar o "Real Decreto de Umbrales", que regula a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024. Trátase dunha axuda universal, é dicir, sen umbrais de renda.

28/02/2023


O Consello de Ministros aprobou onte o Real Decreto de Umbrales, que regula as bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024 e que conta cun orzamento estimado de 2.520 millóns de euros. Trátase dun máximo histórico, que sitúa a contía media das bolsas en 1.730 euros para estudantes non universitarios e 3.130 para universitarios.

O obxectivo desta medida é promover a igualdade real de oportunidades para todo o alumnado e que ningunha persoa véxase obrigada a abandonar os seus estudos por razóns económicas.

A gran novidade deste curso é unha axuda complementaria universal (é dicir, sen limiar de renda) de 400 euros para os estudantes de niveis educativos non universitarios que acrediten unha discapacidade de, polo menos, un 33%, trastorno grave de conduta, da comunicación/linguaxe ou do espectro autista, para sufragar os gastos adicionais que as súas familias deben afrontar. O Goberno estima que esta axuda beneficiará a máis de 214.000 alumnos/as con necesidades educativas especiais.

Esta axuda universal de 400 euros é compatible coa bolsa que cada estudante poida percibir en función da súa situación económica familiar e das necesidades educativas especiais que poida presentar.  

Por outra banda, o real decreto mantén o adianto das convocatorias iniciado o ano pasado e que supóne adiantar catro meses as solicitudes de bolsas (o período comezará o próximo mes d marzo).  

Recoñecemento específico do TEA no sistema de bolsas

Xa desde 2020, e grazas ao labor de incidencia Autismo España e ao seu traballo xunto ao ministerio, as bolsas de educación inclúen como beneficiarios directos a todo o alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA), teña ou non recoñecida unha discapacidade superior ao 33% poderá tamén acceder a estas axudas.

 

Fonte Autismo España

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias