Noticias
© Federación Autismo Galicia | 30/08/2022 | AXUDAS á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo DA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
AXUDAS á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo DA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE.
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e familias monoparentais.
30/08/2022
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE. RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á Conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, financiadas con fondos REACT-UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI440A). (DOG. num 162, do venres, 26 de agosto de 2022)
OBXECTO: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas físicas, que entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022 se acollan á redución de xornada para o coidado de fillo/a menor de 3 anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade igual ou superior ao 33% que reúnan os seguintes requisitos:
-
UNIDADES FAMILIARES NON MONOPARENTAIS: Homes que se acollan á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, traballadores por conta allea
-
UNIDADES FAMILIARES MONOPARENTAIS: A persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, traballador/a por conta allea.
-
Estar empadroado/a en calquera concello da Comunidade Galega.
-
Convivir co fillo ou filla durante o período subvencionable. En caso de custodia compartida, compútase o tempo de convivencia proporcionalmente.
-
Ingresos da unidade familiar non superiores a 7 veces o IPREM para o ano 2021.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES:
-
Redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou fillo menor de 3 anos, ou menor de 12 anos en caso de discapacidade igual ou superior ao 33%. A redución da xornada terá que ser de polo menos o 12,5% da xornada. Tamén no caso de adopción ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo
-
O período máximo subvencionable será de 8 meses.
CONTÍA DAS AXUDAS:
-
Redución de xornada de entre 12,5% e ata o 25%: 1 fillo/a a cargo: 1700€; 2 fillos/as a cargo: 2000€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 2300€.
-
Redución de xornada superior ao 25% e ata o 37,5%: 1 fillo/a a cargo: 2800€; 2 fillos/as a cargo: 3100€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 3400€.
-
Redución de xornada superior ao 37,5% e ata o 50% ou máis: 1 fillo/a a cargo: 3100€; 2 fillos/as a cargo: 3400€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 3700€.
SOLICITUDES E PRAZO:
-
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, ata o 26/09/2022
-
Obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento SI440A
MÁIS INFORMACIÓN: DOG. num 162, do venres, 26 de agosto de 2022
* As axudas previstas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra subvención pública co mesmo obxecto e finalidade.
Archivada en:
Infórmate > Noticias