Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 04/04/2022 | #LIUB2022​ ILUMINA DE AZUL polo #DiaMundialAutismo. Máis de 90 EDIFICIOS contabilizados en GALICIA.

#LIUB2022​ ILUMINA DE AZUL polo #DiaMundialAutismo. Máis de 90 EDIFICIOS contabilizados en GALICIA.

RETO CONSEGUIDO! Máis de 90 edificios e monumentos ilumináronse de azul o 2 de abril en Galicia e máis de 450 en toda España.

 

04/04/2022

No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o movemento asociativo promoveu a iluminación en azul de edificios e monumentos emblemáticos de toda España, como mostra de solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias.

Sumámonos así á iniciativa mundial coñecida como Ligth It Up Blue (Ilumínao de azul). O reto para este ano era alcanzar a cifra dos 70 en Galicia e superouse chegando a máis de 90, cumpiendo o reto de iluminar máis de 450 edificios e monumentos do noso país, tinguíndose de azul a serán do 2 de abril.

Por que nos unimos á iniciativa Ligth It Up Blue?

Cando un edificio ou monumento ilumínase de azul o día 2 de abril, contribúe a: Dar visibilidade ás persoas con TEA e promover a tolerancia cara ao colectivo. Celebra o talento e as capacidades das persoas con autismo. Chamar a atención sobre as necesidades das persoas con autismo.

 

PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias