Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | Autismo Galicia e representantes de la Red gallega contra la Pobreza (EAPN) elevan o seu interese por participar nos proxectos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se executarán en Galicia.

Autismo Galicia e representantes da EAPN elevan o seu interese por participar nos proxectos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se executarán en Galicia.

Na manifestación de interese identifícanse algunhas áreas clave, que teñen como eixo común a innovación e a mellora do sistema de coidados

24/05/2021

A Xunta constata o interese das entidades de iniciativa social en participar nos proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de Galicia.

Os directores xerais de Inclusión Social, Arturo Parrado; o de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; e o de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ferrnando González Abeijón, reuníronse esta mañá con EAPN da que a Federación Autismo Galicia forma parte, para resolver as súas dúbidas.

 

 

A Xunta de Galicia está a constatar o elevado interese das entidades de iniciativa social por participar nos proxectos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que se executarán en Galicia cos fondos da UE. Os directores xerais de Inclusión Social, Arturo Parrado; o de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; e o de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ferrnando González Abeijón, mantiveron esta mañá unha reunión con representantes da Rede galega contra a Pobreza (EAPN) na que celebraron esta boa acollida, nomeadamente entre aquelas do eido da inclusión e a loita contra a pobreza.

Durante o encontro, Jacobo Rey atendeu as consultas que lle trasladaron os diferentes colectivos acerca da Manifestación de Interese lanzada pola Consellería de Política Social, cuxo obxectivo é precisamente implicar ao terceiro sector no desenvolvemento das liñas estratéxicas de actuación no ámbito social.

As entidades, con ou sen ánimo de lucro, que teñan interese en presentar iniciativas e proxectos poderán facelo ata o vindeiro 4 de xuño. A partir desa data, todas as propostas recibidas serán avaliadas polo Goberno autonómico. Na solicitude que se presente á Manifestación de Interese, publicada na web galega que centraliza toda a información sobre os fondos Next Generation da Unión Europea, deberán detallarse aspectos de cada proxecto como os seus obxectivos, a súa localización, a súa planificación, estado de madurez e socios implicados, así como unha valoración económica.

Na manifestación de interese identifícanse algunhas áreas clave, que teñen como eixo común a innovación e a mellora do sistema de coidados

A creación de novos equipamentos, o lanzamento de proxectos piloto, a transformación tecnolóxica dos servizos sociais, a atención á infancia no medio rural, o coidado da saúde mental no ámbito da infancia, a aposta pola accesibilidade en sentido amplo e a loita contra a exclusión social a través da creación de centros específicos, do aproveitamento do potencial das zonas rurais e da redución da fenda dixital, iniciativas pioneiras no ámbito da dinamización demográfica e a fixación de poboación en zonas pouco poboadas, ou programas innovadores de educación non formal e voluntariado co obxectivo de fomentar e mellorar as capacidades e habilidades da poboación moza.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias