Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/01/2021 | Nova regulación legal da categoría de consumidor vulnerable, na que quedan integradas as persoas con discapacidade

Autismo Galicia aplaude a nova regulación legal da categoría de consumidor vulnerable, na que quedan integradas as persoas con discapacidade

A nova categoría de consumidor vulnerable engloba aos nenos e nenas, as persoas maiores, con baixo nivel de dixitalización, con discapacidade funcional, intelectual, cognitiva ou sensorial.

27/01/2021

O Boletín Oficial do Estado publicou o 21 de xaneiro a Real Decreto-lei 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica. O Real Decreto, que foi aprobado o día anterior no Consello de Ministros, introduce como novidade a figura de consumidor vulnerable.
 
Tal e como aparece recollido no texto, o consumidor vulnerable fai referencia a “aquelas persoas físicas que, de forma individual ou colectiva, polas súas características, necesidades ou circunstancias persoais, económicas, educativas ou sociais, atópanse, aínda que sexa territorial, sectorial ou temporalmente, nunha especial situación de subordinación, indefensión ou desprotección que lles impide o exercicio dos seus dereitos como persoas consumidoras en condicións de igualdade”.
 
As persoas con discapacidade intégranse nesta nova categoría de consumidor vulnerable e así son citadas en numerosas ocasións o preámbulo da Real Decreto-lei, tipoloxía que queda definida como a de “aquelas persoas físicas que, de forma individual ou colectiva, polas súas características, necesidades ou circunstancias persoais, económicas, educativas ou sociais, atópanse, aínda que sexa territorial, sectorial ou temporalmente, nunha especial situación de subordinación, indefensión ou desprotección que lles impide o exercicio dos seus dereitos como persoas consumidoras en condicións de igualdade”.
 
Desta maneira, a nova categoría de consumidor vulnerable engloba aos nenos e nenas, as persoas maiores, con baixo nivel de dixitalización, con discapacidade funcional, intelectual, cognitiva ou sensorial, as mulleres, as persoas que viven no ámbito rural e todas aquelas persoas que teñen dificultades debido á falta de accesibilidade da información. 
 
En relación coas persoas con discapacidade, a normativa recoñece as diferentes situacións de vulnerabilidade que poden presentarse á hora de levar a cabo as súas actividades de consumo e dependendo da súa capacidade de resposta. A este respecto, sinálase que a falta de condicións para a accesibilidade universal da información dificulta enormemente a protección destes consumidores que quedan máis expostos “á quebra e vulneración dos seus dereitos como persoas consumidoras”.
 
Para previr a maior exposición que teñen todos estes grupos a ser obxecto de fraudes e estafas, a norma establece medidas especiais de protección no que respecta ao apoio ou asistencia por parte das empresas, de forma que se asegure a súa decisión informada nos procesos de consumo.
 
Así mesmo, a norma esixe que se garanta a accesibilidade á información a todas as persoas, para que poidan comprender correctamente, e de maneira axustada ás súas necesidades, o contido dos contratos que establecen nas prácticas comerciais.
 
 

O CERMI, da que Autismo Galicia forma parte, viña reclamando desde anos atrás que se abordase esta nova regulación en sede legal xa que o noso ordenamento de consumo non proporcionaba os mecanismos suficientes para protexer aos consumidores máis expostos á vulneración dos seus dereitos, como son as persoas con discapacidade.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias