Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 26/01/2021 | Autismo Galicia reúnese coa Consellería de Educación para dar aportaciones á nova normativa de atención á diversidade.

Autismo Galicia reúnese coa Consellería de Educación para dar aportacións á nova normativa de atención á diversidade.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo reunión con representantes de 46 entidades de atención á diversidade; estivemos presentes a Federación Autismo Galicia, e nosas entidades: Aspanaes, Menela, Asteavi e Asperga, plantexando as inquedanzas e demandas do noso colectivo.

26/01/2021

A Xunta de Galicia está ultimando a actualización da normativa de atención á diversidade nos centros educativos co obxectivo de dar unha resposta axustada á realidade de cada alumno, ás súas necesidades e aos seus talentos, camiñando cara unha escola pensada desde a perspectiva do alumnado e co apoio do conxunto da sociedade.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo con representantes de 46 entidades de atención á diversidade para recoller as súas inquedanzas e demandas e poder incorporalas ao texto normativo que desenvolverá o Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na comunidade autónoma.

Na reunión estivemos presentes a Federación Autismo Galicia, e tamén estiveron presentes nosas entidades: Aspanaes, Menela, Asteavi e Asperga.

Segundo explicou o conselleiro, aínda que se foron implementando protocolos individuais que atendían ás peculiaridades de cada colectivo, “logo de dez anos da aprobación do decreto, temos pendente o seu desenvolvemento normativo”. Unha tarefa que, en palabras do conselleiro, “urxe abordar xa, e facelo de modo coordinado e consensuado cos colectivos de atención á diversidade” dos que sinalou que “dispoñen dun coñecemento profundo das realidades ás que atenden e, polo tanto, as súas aportacións resultan importantes para abordar a atención integral aos nenos con diversidade”.

A idea é un texto normativo que ordene, desde unha perspectiva xurídica e tamén didáctica, todo o que un centro educativo pode e debe considerar á hora de deseñar e desenvolver procesos de ensinanza e de aprendizaxe, guiándose polos valores da diversidade, da inclusión, da igualdade, da colaboración e da calidade, entre outros.

En consecuencia, nesa norma reforzarase a autonomía de cada un dos centros docentes para que, mediante o desenvolvemento do seu proxecto educativo, se convertan en espazos axeitados para todos, onde o benestar, a convivencia, a solidariedade e a promoción dunha cultura democrática sexan os piares do seu día a día.

Tamén, por primeira vez, se fará referencia ao desenvolvemento social e emocional do alumnado e ao desenvolvemento persoal e profesional do profesorado, nunha escola entendida como modelo e axente activo, e das entidades que participan na atención ás diversas manifestacións da diversidade do alumnado.

Fonte notas de prensa Xunta de Galicia

Archivada en:
Infórmate > Noticias