Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 22/01/2024 | CICLO FORMATIVO COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO 2024

CICLO FORMATIVO COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO 2024

O CICLO FORMATIVO en COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO consta de tres cursos: Curso 1: Comprensión e estratexias de apoio ao alumnado no espectro do autismo. Curso 2: Habilidades sociais no espectro do autismo. Curso 3: Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas no espectro do autismo.  INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

17/02/2024 - | Santiago de Compostela

PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2024

CICLO FORMATIVO: COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

CONSULTA E DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO COS TRES CURSOS DO CICLO FORMATIVO NESTA LIGAZÓN

Organiza: Federación Autismo Galicia

DATAS: Sábados 17 de febreiro, 9 de marzo e 27 de abril de 2024

Nº DE HORAS: 8h. cada curso

HORARIO: De 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

PERSOAS DESTINATARIAS: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas no espectro do autismo: mestres/as, profesorado, educadores/as, persoal de orientación, psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, audición e linguaxe,  auxiliares técnicos educativos, coidadores/as, monitoraxe, formadores/as, así como outros profesionais interesados.

* NON está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

NÚMERO DE PRAZAS: 30 prazas por curso. Asignación de prazas por rigorosa orde de inscrición tendo PREFERENCIA as persoas que se inscriban nos tres  cursos.

MODALIDADE: Presencial.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 8 de febreiro de 2024.

Confirmaremos a praza ou lista de espera por correo electrónico, unha vez finalizado o prazo de inscrición. Facilitarase o número de conta para facer o ingreso. Debe enviar copia de xustificante de pagamento a: formacion@autismogalicia.org

 

PREZO: 65€ Cada curso. Prezo reducido de 160€ ao inscribirse nos tres cursos á vez.

INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

CURSO 1:COMPRENSIÓN E ESTRATEXIAS DE APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

DATA: 17 de febreiro de 2024

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

CURSO 2: HABILIDADES SOCIAIS NO ESPECTRO DO AUTISMO

DATA: 9 de marzo de 2024

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

CURSO 3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO ESPECTRO DO AUTISMO

DATA: 27 de abril de 2024

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS

Licenciada en Psicoloxía Clínica con habilitación sanitaria e Psicoloxía Social, Diploma en Estudos Avanzados, Diploma en Criminoloxía e Máster en Atención Temperá pola Universidade de Santiago de Compostela, así como Experto en Neuropsicoloxía pola Universidade La Salle.

Leva máis de vinte anos apoiando a persoas no espectro do autismo e as súas familias. Iniciou a súa actividade profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela realizando actividades de avaliación e diagnóstico, intervención, orientación, investigación e docencia. Continuou formando parte do equipo técnico da asociación de autismo ASPANAES e, máis adiante, traballou na Unidade de Apoio en Contextos Naturais da Asociación Autismo Bata.

Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional en dúas áreas: a atención directa coas persoas do espectro autista e as súas familias e as súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade); e por outro lado, coa consultoría e formación en asociacións, organizacións, centros de formación do profesorado, federacións, universidades  e, especialmente, en centros educativos.

Froito da súa experiencia de apoio e colaboración con persoas do espectro, familias, educadores/as  e outros profesionais, publicou, en 2021, o libro: Niños y Niñas en el Espectro del autismo. Comprensión e estratexias prácticas de apoio educativo, da Editorial CCS.

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades
Entidades > > FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA