Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 25/03/2024 | Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN ASPANAES

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN ASPANAES

Aspanaes festexa o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, con múltiples actividades informativas de sensibilización e participación en campañas. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

 

PRIMICIAS DE ACTIVIDADES

  1. Lanzamento da nova web corporativa da Organización, convidando os grupos de interese a compartila entre o seu contactos, para obter maior impacto.
  2. 2 abril, Acto institucional no colexio de Aspanaes A Coruña, visita do Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González e a Deputada e Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, convocados medios de comunicación.
  3. Fortalecemento de alianzas sociais con socios colaboradores, portas abertas en rede de centros e servizos.
  4. Concurso de debuxo, con motivo do Día Mundial, con achega económica de socio colaborador "De Heus".
  5. Voluntariado corporativo con Caixabank.
  6. Charlas de Sensibilización "Falemos sobre Autismo", en centros educativos, 3 charlas organizadas na zona das Pontes de García Rodríguez.

 

ACTIVIDADES DE CAMPAÑA

  • Publicacións propias en RRSS, das persoas usuarias e profesionais da rede de centros e servizos da Entidade, co Infinito e o xesto, durante a campaña
  • Publicación propia en RRSS, do Infinito en 3D, creación realizada por unha persoa usuaria do servizo de promoción da autonomía persoal, evidenciando o seu talento e explicando a súa simboloxía.
  • LIUB "Ilumínao de Azul" : Solicitados Centro Galego de Arte Contemporánea, Glorieta de Freixeiro de Narón, Fonte de Catro Camiños da Coruña, Concello de Ferrol, TeatroJofré, Concello da Laracha )
  • Cobertura en RRSS, Federación Autismo Galicia e Confederación Autismo España, durante a campaña..
  • Atención a medios de comunicación.
 
 
 
Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Ayudas y Convocatorias