Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2022 | Día internacional da Enfermería. A labor da enfermería é primordial e indispensable na atención ás persoas con TEA e as súas familias.

Día internacional da Enfermería. A labor da enfermería é primordial e indispensable na atención ás persoas con TEA e as súas familias.

O lema para 2022 no día Internacional da Enfermería é: Enfermería: Unha voz para liderar – Investir en enfermería e respectar os dereitos para garantir a saúde global.

 

12/05/2022

O Consello Internacional de Enfermeiras (CIE) conmemora cada ano, o día 12 de maio, o día Internacional da Enfermería (DIE).

A enfermeira esta presente ao longo de todo o ciclo vital da persoa e en todos os coidados de saúde da persoa con TEA, non só desde os servizos de atención comunitaria e saúde mental senón tamén desde as múltiples especialidades nos que poden ser atendidas, ou nos servizos da rede de entidades da Federación Autismo Galicia.

Seguindo o lema do día internacional da enfermería, e a posición central que ten a saúde na axenda 2030 é  fundamental investir na formación dos profesionais sanitarios. O coñecemento da condición de TEA é fundamental, xa que estamos falando de que 1 % da poboación ten autismo. É necesario promover a detección do TEA a través do programa do neno san.

Non podemos esquecer que os contextos sanitarios son moi complexo e moitas veces convertese en ameazante para as persoas con TEA, como son o ámbito de urxencias ou quirófanos, con moito instrumental, múltiples procesos sanitarios e asistenciais, ruído e técnicas invasoras, etc. No que resulta preciso que no seu ámbito técnico de actuación sexan capacitados en aspectos como a comunicación interpersoal, o traballo en equipo ou a resolución de conflitos para que adaptación da persoa con TEA á contorna sanitaria e os seus procesos sanitarios resulte máis prospera. .

Ademais a investigación nos di que sería convinte enfocar liñas de investigación en enfermería, que abranguen aspectos que resulten primordiais a nivel de investigación e consolidación da praxes da enfermería e atención sanitaria ao paciente con TEA.

A través do Programa de Atención Sanitaria e Saúde da Federación Autismo Galicia, contribuímos a favorecer unha mellora asistencial para os pacientes con necesidades específicas de apoio, como son as que teñen as persoas con TEA a través de accións divulgativas e de ampliación de coñecemento dirixidas os profesionais sanitarios. Podes coñecer a EDITORIAL Autismo Galicia e as nosas publicacións da nosa Colección SAÚDE premendo AQUI.

 

 

 

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias