Noticias
© Federación Autismo Galicia | 08/05/2024 | A necesidade do profesional de enfermería na saúde das persoas con autismo.
A necesidade do profesional de enfermería na saúde das persoas con autismo.
No día Internacional da Enfermería, Xavier García-Armero, persoa con autismo e traballador na Federación Autismo Galicia, cóntanos as necesidades de apoio neste ámbito e os recursos para abordar os coidados de enfermería.
08/05/2024
O Consello Internacional de Enfermeiras (CIE) conmemora cada ano, o día 12 de maio, o día Internacional da Enfermería (DIE). E queremos renderlles unha pequena homenaxe polo importante papel que teñen na atención ás persoas con autismo e ás súas familias.
- O profesional de enfermería pode desempeñar un papel importante na identificación temperá de signos do autismo, a través do programa do neno san e que permitirá un diagnóstico oportuno e unha intervención axeitada.
- Educación e apoio ás familias na vixilancia do desenvolvemento evolutivo ou nos coidados da súa saúde.
- Promoción da saúde e o benestar. Os profesionais de enfermería poden formar ás persoas con autismo sobre hábitos saudables e habilidades para a vida diaria, promovendo a súa autonomía e calidade de vida.
- Apoio durante os procedementos médicos: moitas persoas con autismo poden experimentar ansiedade ou dificultades durante os procedementos médicos ou de rutina. Os profesionais de enfermería poden proporcionar apoio emocional, técnicas de manexo do estrés e adaptacións ambientais e anticipación informativa dos procedementos para facer que estas experiencias sexan menos estresantes.
A importancia do papel da enfermería na anticipación de información.
Cóntanos o noso compañeiro, Xavier García-Armero, membro da "Consultoría Autista" persoa con autismo e traballador na Federación Autismo Galicia:
En canto a recursos para facilitar a información comprensible, a guía Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas é unha ferramenta moi útil para rebaixar moito os niveis de estrés ou ansiedade que poidamos ter as persoas con autismo, á hora de acudir aos centros sanitarios para facer determinadas probas. Grazas a ela, poderiamos estar máis tranquilos e fariamos as probas cunha mellor actitude que se é algo novidoso ou puntual.
Ao procesar a información de maneira diferente, sería de moita axuda para nós ter este apoio visual coa guía, xa que con ela poderiamos coller confianza e seguridade e mentalizarnos do proceso que imos ter que ir pasando.
Archivada en:
Infórmate > Noticias