Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/03/2024 | Federación Autismo Galicia e Ventea promoven o cinema inclusivo para todos/as

Federación Autismo Galicia e Ventea promoven o cinema inclusivo para todos/as

 VENTEA e Autismo Galicia, en colaboración con Cinema Numax organizan o primeiro pase de cinema adaptado en Santiago de Compostela. #ProyectoRumbo
 

14/03/2024

Dentro desta iniciativa, proxectarase a película “Dunia y el eco del tambor”  na sala Numax en Santiago o sábado día 23 de Marzo ás 16.30h. Animamos ao público a participar nesta marabillosa iniciativa de cinema adaptado.
 

ACTIVIDADES QUE BUSCAN A PARTICIPACIÓN SOCIAL

Algunhas persoas necesitan unhas condicións sensoriais máis amables do habitual nas salas de cinema e que os pases adaptados ás necesidades do autismo, que permiten, sen prexudicar ao resto do público, que gocen dun lecer estupendo en compañía nun espazo seguro, no que se coñecen e respéctanse as súas necesidades.
 
Estas adaptacións consisten en proxectar cun volume máis suave do habitual, manter un pouco de luz ambiente na sala, ofrecer apoios visuais e materiais de anticipación, unha zona de descanso fóra da sala de proxección, pero dentro do Numax, e proxectar a película directamente sen anuncios nin tráileres.
 
Tamén cambian un pouco as regras do cinema, tal e como o entendemos habitualmente: se alguén necesita levantarse, balancearse, dicir algo, ou rir en voz alta, nos pases adaptados pode facelo. Vale todo menos mandar calar ao de á beira! Queremos que estas sesións de cinema sexan un espazo seguro tanto para as persoas no espectro autista como para as súas familias.
 
Os asistentes de este visionado, terán a opción de anticipar os pasos a realizar para ir, estar e desfrutar da película unha vez cheguen ao Numax.
Antes da sesión –a disposición do público- haberá un material de anticipación: unha guía de anticipación en liña, para que poida e quen o precise, ir preparando a saída ao Numax.
 
Guía Gratuíta Descargable na web de ventea (https://ventea.es/cartelera)
 

UNHA CULTURA ACCESIBLE COMO REALIDADE

A clave do éxito destes pases é que están abertos ao público xeral e a convivencia de familias diversas compartindo lecer nos mesmos espazos no mesmo momento é moi enriquecedora para todo o mundo.
 
Alianza con VenTEA.
 
Esta acción enmarcase na alianza que Autismo Galicia asinou con VenTea dentro do proxecto Rumbo, para promover o ocio inclusivo, pois unha das liñas de traballo consiste en desenvolver actuacións específicas que aborden os desafíos e as barreiras ás que as persoas con autismo se enfrontan no ámbito do ocio e da participación. É fundamental que as persoas no espectro do autismo teñan acceso a opcións de ocio inclusivas que lles brinden a oportunidade de explorar os seus intereses, desenvolver ás súas habilidades e desfrutar de experiencias enriquecedoras en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. .
 
A accesibilidade cognitiva é un dereito fundamental de todas as persoas, polo tanto, a promoción e a difusión de actividades baseadas na mellora da mesma cobra dobre importancia. A Federación Autismo Galicia, seguirá sensibilizando e remando para conseguir unha máis alta participación social e fomentar un ocio accesible para todo as persoas na súa contorna.
 
 

SOBRE O PROXECTO RUMBO

O ‘Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva’ é unha iniciativa colaborativa desenvolta entre distintas confederacións do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, PREDIF, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA). O obxectivo é impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e á vida independente de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoios, mediante a combinación de servizos e recursos que poidan facilitar unha forma de vida inclusiva na sociedade en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.

Este proxecto, que conta coa participación de 22 entidades de estas confederacións, repartidas en cinco comunidades autónomas, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado á súa vez ós fondos NextGenerationEU da Unión Europea.

 

 



 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias