Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/03/2024 | Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN POR ELES TEA: CONOCETEA. POR ELES, POR TI

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN POR ELES TEA: CONOCETEA. POR ELES, POR TI !!!

Queremos visibilizar, informar e formar, e tendo en conta as vosas demandas, dúbidas e preocupacións, non hai mellor mes que abril para COÑECER O TEA. Contaremos durante todas as semanas con profesionais formados de diferentes entidades que impartirán FORMACIÓNS GRATUÍTAS para todas as familias que queiran participar. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN POR ELES TEA: CONOCETEA. POR ELES, POR TI
 
CONOCETEA. POR ELES, POR TI !!!
 
ACHÉGASE ABRIL E... QUE GANAS TEMOS DE CONTARVOS NOVAS NOTICIAS!

Como algúns de vós xa saberedes, o 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo.
Desde a Asociación Por Eles TEA, decidimos crear un proxecto dedicado a vós, a eles.
 
Presentámosvolo!
CONOCETEA. POR ELES, POR TI;  é un proxecto creado para vós.

Queremos visibilizar, informar e formar, e tendo en conta as vosas demandas, dúbidas e preocupacións, non hai mellor mes que abril para COÑECER O TEA.
Contaremos durante todas as semanas con profesionais formados de diferentes entidades que impartirán FORMACIÓNS GRATUÍTAS para todas as familias que queiran participar.
 

II GALA SOLIDARIA COA ASOCIACIÓN POR ELES TEA

 
Ademais, temos a sorte de anunciarvos que, o sábado 13 de abril no Auditorio Municipal de Ourense, poderedes gozar da nosa “II GALA SOLIDARIA”.
 
O espectáculo contará con actuacións de música e danza, e dará visibilidade ao autismo e ao traballo que se realiza desde a asociación.

QUE EMOCIÓN!
Estamos moi contentos de poder traballar nunha iniciativa dedicada integramente a vós, as familias.

Presentámosvos o cronograma con todas as actividades e formacións, data, hora e lugar do seu curso e o link de inscrición na biografía contactando con POR ELES TEA
 


As inscricións son GRATUÍTAS, cun límite de 20 prazas.
Con esta iniciativa, unímonos á campaña organizada por Autismo Galicia y Autismo España deste ano para o #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

Esperámosvos con moitas ganas!!

 
 
Lugar de celebración:

Auditorio Municipal de Ourense

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades