Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/10/2021 | Detección do abuso/acoso escolar. Sinais de alerta. Proxecto CoidamosTEA

Detección do abuso/acoso escolar. Sinais de alerta. Proxecto CoidamosTEA

Presentámosvos un novo vídeo da serie pertencente ao Proxecto #CoidamosTEA, no que iremos compartindo algunhas das dificultades habituais que presentan as persoas con TEA e propoñendo estratexias sinxelas e prácticas para facilitar a vida diaria do voso familiar con TEA, a través das explicacións de varios profesionais das nosa rede de entidades federadas.

20/10/2021

#CoidamosTEA

As nenas e nenos con autismo presentan dificultades na interacción e comunicación social o que os fai especialmente vulnerables. O centro educativo debería ser un espazo seguro para o alumnado. Con todo, non sempre é así. Máis da metade da poboación con TEA sofre acoso escolar. As persoas con TEA presentan unhas características de seu que os predispoñen a seren acosados.

A continuación Doa Airem Calero Taboada e Iria Touriño González. Terapeutas de Atención Temperá da Fundación Menela falarannos con máis detalle deste tema.

GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

Recadamos varios aspectos na guía recollidos en 3 bloques:
 
  • No primeiro recollemos as inquedanzas e sentimentos que aparecen coa noticia do diagnóstico. Presentamos que é o autismo e as súas características. Para finalizar con este primeiro apartado, desmontaremos as falsas crenzas sobre o TEA.
  • No segundo bloque, falaremos da importancia da Comunicación e dos diferentes tipos de Apoios que poden facilitar a calidade de vida da persoa con TEA e da súa familia. Así como os autocoidados das persoas coidadoras. Abordaremos tamén outros temas transversais como a Educación e a Intervención e Terapias.
  • No terceiro bloque, recollemos bibliografía, recursos e o directorio de entidades federadas en Autismo Galicia.

 

CONSULTA E DESCARGA A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA. PREME AQUÍ

PROXECTO CoidamosTEA

Dende o momento en que unha familia recibe un diagnóstico de TEA (trastorno do espectro do autismo) prodúcese un impacto que alterará a dinámica familiar. Estas requiren de moito apoio e de adquisición de competencias e habelencias que se van acadando coa experiencia e coa aprendizaxe recibida.

Co PROXECTO CoidamosTEA preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa. Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.

Vídeo realizado coa colaboración de Fundación Menela.

Autoría: Doa Airem Calero Taboada e Iria Touriño González. Terapeutas de Atención Temperá da Fundación Menela

 

Dirección e montaxe: Federación Autismo Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

 



 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias