Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 02/05/2024 | Proxecto +RURALTEA. Fundación Menela en colaboración con Autismo España

Proxecto +RURALTEA. Fundación Menela en colaboración con Autismo España

Intervención para o acceso e a mellora de servizos para as persoas con autismo no ámbito rural.
 

02/05/2024

¿Qué é o Programa +RuralTEA?

O programa +RuralTEA, é unha iniciativa de Autismo España destinada a atender as necesidades de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) que residen en áreas rurais, posto que a ruralidad pode amplificar as situacións de discriminación que enfrontan, como por exemplo, a falta de recursos especializados e dificultades de transporte. +RuralTEA está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE.

¿Onde se desenvolve o Programa?

En resposta a estas preocupacións, implementouse o programa +RuralTEA, que busca ofrecer solucións sociosanitarias adaptadas ás necesidades individuais das persoas con TEA en zonas rurais. Fundación Menela brindará apoio a persoas con TEA que residan nos muncipios de, Arbo, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Lalín, Mondariz, As Neves, Ponte Caldelas ou Silleda ofrecendo un enfoque individualizado e centrado na persoa.
 
Ademais destes municipios, o proxecto acolle a todas as persoas con autismo que residan en calquera municipio rural de Galicia cunha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade inferior aos 100 habitantes por km2

¿Que facemos?

O programa distínguese polo seu enfoque innovador, que inclúe un modelo omnidireccional e unha metodoloxía baseada en Plans de Actuación Individualizados (PAI). Estes plans, deseñados coa participación das persoas con TEA e as súas familias, apoiaranse mediante iCalidad, unha ferramenta tecnolóxica que permitirá medir o impacto do programa na calidade de vida das persoas con autismo.
 
O PAI considérase un proceso flexible e en constante evolución, axustándose ás necesidades e circunstancias individuais de cada persoa con TEA.  Todas as accións que se desenvolvan estarán totalmente subvencionadas.

¿A quen está dirixido?

A persoas con autismo que permanezan na súa residencia habitual ou institucionalizadas nunha contorna rural dos municipios obxectos do proxecto, sexa cal for a súa idade
 
O proxecto estará activo ata o 30 de setembro de 2025 para atender a calquera persoa que o necesite
 

¿Como podo contactar?

 
FUDACIÓN MENELA
 
Teléfono: 986 42 433
 
Correo electrónico: ruraltea@menela.gal
 
R/Marqués de Alcedo, 19 36203 Vigo (Pontevedra)

 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias