A Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995 como unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública.

Representamos a máis de 10.000 persoas agrupadas nas 16 entidades que nos conforman, procurando e defendendo os dereitos e necesidades das persoas con TEA. Ofrecendo unha ampla rede de servizos integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e ás súas familias.

 

Que é o autismo?

Unha de cada 100 persoas ten autismo.

O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) é un trastorno neurobiológico do desenvolvemento que se manifesta nos primeiros anos de vida e acompaña á persoa en todo o seu ciclo vital.

Caracterízanse pola presenza de dificultades específicas nas áreas social, comunicativa e cognitiva.

Somos unha rede de entidades.

A Federación Autismo Galicia ofrece unha completa Rede de Servizos integrais e especializados dirixidos ás persoas con  TEA e as súas familias.

Traballamos en permanente revisión, crecemento e construción de obxectivos para obter unha maior calidade de vida, de servizos, de atención directa e de formación que apoien e cubran as necesidades e demandas durante todo o traxecto da súa experiencia vital.

 

 

 

PROXECTO #CoidamosTEA. Recursos específicos para afrontar e solucionar as necesidades das persoas con TEA.

SENSIBILIZACIÓN | INCIDENCIA | INFORMACIÓN

Saber más

 

 

¡Infórmate!

30/05/2023

Autismo Galicia da man da asociación Un Máis e do Concello de Tui, acadan un convenio para a mellora da accesibilidade cognitiva na contorna municipal.

A accesibilidade cognitiva inundará o concello de Tui en forma de seminarios formativos para os empregados municipais e sinalética nas instalacións públicas, que permitirá eliminar  as barreiras de tipo cognitivo, psicolóxico e de comunicación dentro do proxecto “Concello de Tui accesible”.

 

29/05/2023

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

Persoas beneficiarias: Alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos  no curso escolar 2023/2024.

 

25/05/2023

Estudo de investigación: PROXECTO RUMBO

Publicamos os cuestionarios para a participación no Estudo de Situación e necesidades das persoas adultas con autismo: vida independente e participación social.

16/05/2023

Información para familias e persoas con TEA: GUÍA DE AXUDAS E RECURSOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA e GUÍA DE DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

Dende a Federación queremos facilitar estes trámites renovando a nosa Guía de Discapacidade e Dependencia, para que as persoas e familias de persoas con TEA poidan tela á man para entendelo proceso e ter información de utilidade

15/05/2023

ENCONTRO CON PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE 2022

A reunión do grupo de dicusión tivo lugar o 25 de abril na Coruña onde participaron persoas da Federación Autismo Galicia, 3 persoas da Asociación Asperga e 3 da Asociación Aspanaes, do programa de emprego do 2022 acompañados das orientadoras do programa María José Vaamonde Miraz e Maribel Pérez Ardao.

15/05/2023

CERMI Galicia reúnese coa Comisión parlamentaria para o seguimento das políticas sobre a discapacidade.

O encontro enmárcase nas actividades realizadas pola entidade polo Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

Axenda de actividades

13/08/2023

Campamento de Verán: Veráns Azuis da Asociación FAMILIAS AZUIS

Dirixido a persoas con autismo principalmente. O campamento contará con monitores de apoio con formación especializada en atención a persoas con autismo. O prazo para inscribirse remata o 30 de xuño de 2023



 

17/06/2023

CURSO TALLER DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NO FOGAR

O obxectivo do curso e adquirir as estratexias, adaptacións, competencias e habilidades necesarias para facilitar o desenvolvemento dos hábitos de vida saudables a través do exercicio físico e do deporte no ámbito do fogar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

10/06/2023

CURSO: CLAVES PARA ABORDAR A INFLEXIBILIDADE NO TEA

O obxectivo do curso é comprender a inflexibilidade de pensamento e de conduta nas persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas para abordar as súas necesidades. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

13/05/2023

Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais

Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

NOVO PRAZO DE INSCR ...

29/04/2023

CURSO “ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE ALIMENTACIÓN EN TEA”

OBXECTIVO: Facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as dificultades nas condutas alimenticias nas personas con TEA. 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

02/04/2023

Acto do Día Mundial da Concienciación do Autismo da Asociación Familias Azuis.

Un ano máis, a asociación Familias Azuis, no seu compromiso por dar visibilidade e concienciar á sociedade achega do TEA, organiza un evento coa Colaboración do Concello de Ponteareas e a empresa local  Brinca Park.

 

Axenda

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

MÁIS INFO ▼

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD
Responsable: FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal solicitados para o envío de boletíns informativos da entidade.
Lexitimación: O consentimento prestado.
Destinatarios: Non se realizarán cesións de datos.
Dereitos: Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento, a revogar o consentimento prestado e a presentar reclamación ante a Axencia Española Protección de Datos. Se vostede o retíra, os tratamentos que se realizaron antes continuaran sendo válidos.
Información adicional: Toda a información facilitada poderá atopala ampliada na información adicional que está á súa disposición pinchando aquí.

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e RGPDGDD 3/2018. O responsable do tratamento dos seus datos persoais é FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA e trata os seus datos para xestionar o envío dos boletíns informativos da entidade. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición picando aquí.
Informámoslle que pode retirar o seu consentimento en calquera momento, dirixíndose por escrito á dirección do Responsable do Tratamento. Se vostede retírao, os tratamentos que se realizaron antes continuarán sendo válidos.

Onde estamos


A Federación Autismo Galicia conta cunha rede de 16 entidades, tanto asociacións como fundacións, repartidas por todo o territorio galego, ofrecendo servizos especializados a persoas con autismo e ás súas familias, baixo o compromiso de avanzar na cohesión do colectivo na comunidade.

Representamos a máis de 8000 persoas, familias e persoas con TEA, conformando ou tecido necesario para defensa dous dereitos e necesidades dás persoas con TEA