Cookies

Repositorio de experiencias

Testimonios de familias del Programa Coidamos-TEA de la Federación Autismo Galicia.

07/06/2019

"NA PROCURA DE APOIOS PROFESIONAIS: interpretar a conduta dos nosos fillos/as."

"


“Os mellores apoios son as asociación xa que nelas podes recorrer a profesionais preparados que coñecen os mellores métodos e pautas para resolver as dificultades do teu fillo ou filla. Eu penso tamén que é moi positivo relacionarse con outros pais/nais que teñen fillos/as con autismo, a min no momento de recibir o diagnóstico tamén me houbese gustado ter a uns país de referencia aos que lle preguntar dúbidas e quizais me puidesen orientar naquelas cousas que a min máis me custaban co neno”.


NA PROCURA DE APOIOS PROFESIONAIS: interpretar a conduta dos nosos fillos/as. Para entender o Autismo é necesario información, comprensión, orientación e apoio. Os pais necesitades recibir un apoio profesional que vos axude a interpretar a conduta do voso fillo ou filla. Neste caso, todos os pais/nais do Coidamos-TEA coinciden en que é necesario buscar o apoio de outros pais/nais que pasaron polo mesmo proceso, xa que son quén mellor te pode entender e saber polo que outro pai/nai dun neno ou nena con autismo está a pasar. Moitas das familias pensan que é necesario contactar con asociacións de pais e participar en aquelas charlas ou talleres que se dirixen a familias con fillos/as con necesidades especiais como un espazo no que canalizar as súas emocións e sentimentos e para resolver dúbidas relacionadas co seu caso.

Aínda que para elas/eles tamén é imprescindible contar con axuda dos profesionais especializados no tratamento do TEA, os cales lles poden prestar apoio tanto ao neno/nena para o seu desenrolo como a súa familia á hora de aplicar procedementos e estratexias co seu fillo ou filla



Testimonios directos de familias del Programa Coidamos-TEA de la Federación Autismo Galicia.


"

_DEF_NLSTesarchiv: