Formación y actividades
© Federación Autismo España | 31/03/2026 | Actos e actividades de Capaces Lugo con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026
Actos e actividades de Capaces Lugo con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026
A asociación Capaces Lugo desenvolverá diversas actividades de sensibilización no concello de Lugo e nos centros educativos da provincia en datas próximas á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril de 2026.
31/03/2026 -
Sensibilización sobre o TEA
Datas: meses de marzo e abril.
Lugar: centros educativos da provincia de Lugo.
O programa de actividades de Capaces Lugo en torno á conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo arrincou este mes cunha iniciativa do seu programa de sensibilización sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) orientada a centros educativos da provincia de Lugo.
Lectura do manifesto
Datas: 2 de abril.
Hora: 12:00 horas.
Lugar: Concello de Lugo.
As iniciativas continúan coa realización da lectura conxunta manifesto do Día Mundial 2026 coa asociación Raiolas. Este acto levarase a cabo diante do Concello de Lugo.
Taller “Así sinto eu o mundo”
Datas: 11 de abril.
Hora: 12:00 horas.
Lugar: Casa das Asociacións María Mariño.
A última proposta do seu programa de actividades é o taller vivencial “Así sinto eu o mundo”, que acollerá o salón de actos da Casa das Asociacións María Mariño.
Esta publicación forma parte do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e enmárcase na Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades

