Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 26/03/2026 | Actos e actividades de AsTEAVi con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026

Actos e actividades de AsTEAVi con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2026

A asociación viguesa AsTEAVi planeou diversas accións orientadas á sensibilización social, visibilización do colectivo e promoción da inclusión para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra cada ano o 2 de abril.

26/03/2026 -

Stand informativo e solidario 

Data: 11 de abril.  

Hora: de 10:00 a 13:00 horas. 

Lugar: Rúa Príncipe, enfronte ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, MARCO. 

A asociación AsTEAVi instalará un posto informativo no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, MARCO, cos obxectivos de visibilizar o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), sensibilizar á sociedade e difundir información sobre a entidade e os seus servizos.  

Neste stand repartirán globos de cores á cidadanía, distribuirán folletos informativos, atenderán directamente ao público e recollerán donativos solidarios. Desde AsTEAvi queren convidar a toda a cidadanía a achegarse e participar neste espazo de concienciación e encontro. 

Participación en concursos e visibilización de iniciativas 

No marco deste mes do autismo, AsTEAVi participa en iniciativas externas de recoñecemento e difusión. En concreto, na III edición da acción solidaria Gran Vía Suma coa presentación dun proxecto dun proxecto de inserción laboral centrado na promoción da inclusión laboral das persoas autistas, a sensibilización do tecido empresarial e social, e a visibilización do emprego como ferramenta clave da inclusión real.  

Estas candidaturas contribúen a reforzar a presenza da entidade e a difundir o traballo desenvolvido por AsTEAVi en favor da inclusión.

 

Esta publicación forma parte do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e enmárcase na Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia

 
 
 
 
Lugar de celebración:

Vigo

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades