Noticias
© Federación Autismo Galicia | 26/03/2025 | #SomosInfinitos a campaña do Día Mundial do Autismo 2025
#SomosInfinitos a campaña do Día Mundial do Autismo 2025
-
A campaña resalta a variabilidade existente dentro do espectro do autismo, para concienciar á cidadanía de que cada persoa autista é única e precisa duns apoios especializados e individualizados, adaptados a cada etapa do seu ciclo vital.
-
O movemento asociativo tamén reivindica o compromiso que deben asumir as administracións para asegurar o financiamento estable e suficiente destes apoios, promovendo a súa sustentabilidade e mellora continua.
26/03/2025
Rut, Jimmy, Xavier e Alberto, da rede de entidades de la Federación Autismo Galicia, son únicos, como todas as persoas autistas. Cada un ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses. Pero teñen unha cousa en común: os catro son autistas.
Esta é a premisa da que parte “Somos Infinitos”, a campaña coa que Autismo España, en colaboración co movemento asociativo do autismo no noso país, conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2025.
«Somos infinitos” persegue concienciar á cidadanía de que non hai dúas persoas con autismo iguais e que, por iso, cada unha necesita uns apoios especializados e adaptados á súa situación e ao seu momento vital.
Os e as profesionais das entidades de autismo traballan cada día para ofrecerlles eses apoios que cada unha necesita, pero é fundamental contar coa colaboración e compromiso das administracións públicas para garantir o seu financiamento, sustentabilidade e calidade.
Para que as persoas con autismo reciban os apoios específicos e flexibles que requiran en cada etapa da súa vida e para que as administracións públicas garantan o seu financiamento, sustentabilidade e calidade
Chamamento á cidadanía
En España, estímase que hai ao redor de 500.000 persoas con autismo, e en Galicia 27.000, con realidades e necesidades diversas. Con todo, a pesar desta alta prevalencia (1 de cada 100 nacementos), o autismo segue sendo un gran descoñecido para boa parte da cidadanía e as persoas no espectro non teñen garantidos os seus dereitos.
Por iso, este próximo 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, desde o movemento asociativo do autismo en España alzamos a voz para lembrar que as persoas autistas non somos invisibles e para reclamar unha maior implicación de todos os axentes sociais, para que as persoas autistas podamos exercer o noso dereito para gozar dunha boa calidade de vida e de participar na sociedade en igualdade de condicións.
Se crees que nos coñeces… É que aínda non nos coñeces
Toda a información sobre a campaña “Somos infinitos” e as maneiras nas que a cidadanía pode sumarse a ela para mostrar así o seu apoio ás persoas con autismo e as súas familias están dispoñibles na web www.diamundialautismo.com.
Non hai dúas persoas con autismo iguais. Cada persoa autista é única, ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses. Por iso, cada unha necesita uns apoios especializados e adaptados á súa situación persoal e ao seu momento vital.
Esta publicación forma parte do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e enmárcase na Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.
Archivada en:
Infórmate > Noticias