© Federación Autismo Galicia | 21/11/2023 | Autismo Galicia firma coa Xunta de Galicia o acordo do concerto social que blinda a continuidade dos servizos que ofrece a entidade.
Autismo Galicia firma coa Xunta de Galicia o acordo do concerto social que blinda a continuidade dos servizos que ofrece a entidade.
As entidades da discapacidade, da man do presidente do Cermi Galicia, Luciano Fernández Pintor, asinan o acordo do convenio coa presidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Política Social, para as entidades da discapacidade que xestionan prazas para aplicar a fórmula do concerto social.
O concerto social é unha demanda das entidades do sector, que facilitará que as persoas con discapacidade non teñan que desprazarse longas distancias para acceder a unha praza pública.
Ademais, a través desta modalidade para a contratación de servizos especializados, a Xunta subirá un 25% o investimento con respecto aos contratos actuais; aumentará o importe do prezo/praza dos servizos e garantirá e consolidará a continuidade destes recursos públicos especializados. A Administración autonómica tamén asumirá as subidas salariais dos profesionais que atenden estes servizos e dará maior estabilidade xurídica e económica ás entidades que prestan esta atención.
Autismo Galicia ven traballando nesta demanda como principal reivindicación desde hai anos xunto cas entidades da discapacidade. Permitirá pasar da modalidade de contratos actual á modalidade de concerto social.
No acto celebrado na Cidade da cultura de Galicia, e presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e a Conselleira de Política Social, Fabiola García, serviu para formalizar o acordo coas entidades da discapacidade (AUTISMO Galicia, ASPACE Galicia, COGAMI, FADEMGA, FEGADACE e FEAFES Galicia)
Vantaxes do concerto social
Coa aplicación do concerto social facilítanse entre outras cuestións as seguintes:
- As persoas con discapacidade non terán que desprazarse a longas distancias para acceder a unha praza pública e se poide priorizar o arraigamento da persoa.
- Se incrementa unha media do 25% o investimento con respecto aos contratos actuais.
- Se aumenta o importe do prezo/praza dos servizos e garantirá e consolidará a continuidade destes recursos públicos especializados.
- Se garantiza que a Administración autonómica tamén asumirá as subidas salariais dos profesionais que atenden estes servizos cando se vaian producindo.
- Se facilita maior estabilidade xurídica e económica ás entidades, que como Aspanaes, Fundación Menela, Autismo Vigo y Apacaf xestionan prazas de atención de día, atención ocupacional, respiro familiar ou servizo residencial para persoas con autismo.
Declaracións durante o acto.
A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, incidiu na importancia da colaboración coas distintas entidades e o apoio da administración, para seguir avanzando e construindo un futuro cada día máis xusto para as personas con TEA.
O presidente de Cermi, Luciano Fernández Pintor, mostrou a súa "satisfacción" pola posta en marcha deste pacto, que "pon fin á sensación de incerteza financeira" que había entre as entidades, tamén reclamara "non quedar niso" e por "explorar novos recursos e actualizalos para mellorar a calidade de vida das persoas (usuarias) e das súas familias".
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comentou que todo isto sería “imposible” se a Administración non contase coas entidades sociais como grandes aliadas. “Sodes os nosos ollos, oídos e mans ante a discapacidade”
O paso seguinte é a publicación no DOG da convocatoria do concerto social para cada un dos colectivos implicados, co obxectivo de que estea a funcionar e aplicándose a partir do 1 de marzo de 2024.
Con esta firma avánzase nunha das principais reivindicacións do colectivo das persoas con autismo de Galicia nos últimos anos.