© Federación Autismo Galicia | 14/11/2023 | A Federación Autismo Galicia aproba e desenvolve o seu Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso.
A Federación Autismo Galicia aproba e desenvolve o seu Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso.
Dentro do seu programa de goberno, Autismo Galicia da un paso máis no seu fortalecemento como entidade e na súa contribución a unha sociedade máis xusta.
A vocación de servizo e o compromiso social que temos asumido en todos os estamentos da nosa entidade, nos obriga e incentiva a traballar na construción dunha federación forte e dilixente na súa xestión, capaz de desenvolver o seu traballo dentro do marco legal e ético establecido. Por isto, vimos desenvolvendo nos últimos anos un programa de compliance e goberno que, dende a reflexión e análise e, sobre todo, dende o compromiso de cantos dirixen ou traballan en Autismo Galicia, nos levou a establecer unha estrutura de medidas, procesos, políticas e procedementos que nos permiten arbitrar o cumprimento normativo e unha entidade social, ética e legalmente responsable.
Unha das liñas de traballo na que puxemos especial esforzo ao longo deste ano foi o desenvolvemento do noso Plan de Igualdade e Protocolo para a prevención e tratamento dos delitos e condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo, que se integra no noso modelo de cumprimento normativo como ferramenta de prevención e control para mitigar os riscos que atenten contra os dereitos dos/as traballadores/as, respondendo, desta maneira, á demanda social e tamén legal de garantir a igualdade de homes e mulleres e evitando calquera discriminación ou acoso por razón de sexo, neste caso no contexto laboral.
A implementación do Plan de Igualdade nos permite establecer un conxunto de medidas, obxectivos de igualdade, prácticas, sistemas de seguimento e avaliación, tendentes a alcanzar a igualdade de trato e oportunidades, eliminando calquera discriminación por razón de sexo erradicando situacións de acoso tanto laboral como sexual.
A elaboración do Plan de Igualdade se realizou en distintas fases:
- O diagnóstico e auditoría retributiva
- A elaboración do plan e concreción de obxectivos, medidas e medios e recursos, sistema de seguimento e avaliación. Constitución de comisión de seguimento.
Foi aprobado e estará vixente ata o ano 2027.
PODES CONSULTAR OU DESCARGAR PREMENDO AQUÍ / PLAN DE IGUALDADE
Esta actividade foi obxecto de subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.