© Federación Autismo Galicia | 27/10/2023 | A Federación Autismo Galicia docente do curso de Humanización ante as persoas con Trastorno do espectro do Autismo para o SERGAS.
A Federación Autismo Galicia docente do curso de Humanización ante as persoas con Trastorno do espectro do Autismo para o SERGAS.
O pasado 23 e 24 de Outubro participamos como docentes no curso de Humanización ante as persoas con Trastorno do espectro do Autismo, programado polo Servizo de Atención ó Cidadán e ó Paciente do SERGAS e realizado a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).
A saúde, e con ela o benestar físico e emocional, é unha das dimensións con maior impacto na Calidade de Vida, de aquí a importancia que adquiren todas as actuacións dirixidas a mellorar e realizar un seguimento permanente do estado de saúde, e á prevención e promoción de hábitos de vida saudables. Estas actuacións poden adaptarse nalgunhas ocasiones de maneira sinxela ás necesidades do paciente con TEA.
Por iso, a través de dúas xornadas online, que tiveron lugar durante dúas sesións, tratamos de poñer a disposición dos profesionais sanitarios a experiencia da Federación Autismo Galicia e as súas entidades, nesta ocasión representados pola Fundación Menela. Transferimos o noso coñecemento para enriquecer a especialización do persoal sanitario.
Dimos información sobre as características do paciente con TEA que dificultan a súa capacidade comunicativa, e a súa comprensión no proceso da atención na consulta, que pode supoñer unha barreira para a súa prestación.
Ofrecemos estratexias para mellorar as habilidades comunicativas e facilitar unha atención sanitaria axustada ás necesidades dos profesionais sanitarios e adaptada ás demandas das persoas autistas. Estratexia centradas en lograr os máximos niveis de tranquilidade, confort e benestar físico e emocional das persoas que acceden ao sistema sanitario.
Púxose en valor, como a través de sinxelas estratexias e ferramentas en consultas, que se poden atopar no nosa colección de saúde , o profesional sanitarios poden mellorar o seu desenvolvemento profesional e ofrecer unha atención asistencial de maior calidade.