Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 26/06/2023 | CURSO DE CONTENCIÓN MECÁNICA PARA PROFESIONAIS

CURSO DE CONTENCIÓN MECÁNICA PARA PROFESIONAIS

PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

09/09/2023 -

OBXECTIVO: Dotar a profesionais de recursos de protección e novas técnicas que lles permitan previr os factores de risco na axitación e resolver situacións de crise  na persoa á que lle presta apoio.

DATAS:

  • Grupo 1: Sábado, 9 de setembro de 2023
  • Grupo 2: Domingo, 10 de setembro de 2023

 

Nº HORAS: 9

HORARIO: De 9h. a 14h. e de 15:30h. a 19:30h.

MODALIDADE: Presencial no Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais.

Nº DE PRAZAS: 40 (20 prazas no Grupo 1 do sábado e 20 prazas no Grupo 2 do domingo).

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o luns, 28 de agosto de 2023 ás 12h. *Confirmaremos a praza ou lista de espera, unha vez finalizado o prazo de inscrición.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

PROGRAMA:

  1. Contención mecánica: introdución e definicións de restricións de movementos e illamento en casos en que a axitación non sexa evitable.
  2. Persoas destinatarias do procedemento: identificación e clasificación conforme ás causas de axitación.
  3. Normas básicas de actuación e derivación ás urxencias sanitarias e Programa Acougo.
  4. Prevención de factores de risco de axitación  Decálogo de actuación anterior á contención. Técnicas de contención psicolóxica e ambiental.
  5. Procedemento da contención e/ou suxeición. Toma de decisións, recursos e modalidades.
  6. Situacións de control en grupo. Formas de control e medios de seguridade. Actuación individual. Grupos de control.
  7. A persoa coidadora: Factores de prevención e protección.
  8. Valoración de resultados e análise final.
  9. Lexislación e normativa aplicada

 

DOCENTE: Francisco Javier García García.  Experto en Contención Mecánica e psicolóxica, con ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diferentes institucións e asociacións de atención a persoas con TEA. Profesor de educación física e outras disciplinas como defensa persoal, judo, artes marciais e aikido.

 

MÁIS INFORMACIÓN: www.autismogalicia.org // formacion@autismogalicia.org // Teléfono: 981 589 365

 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

 

Organiza: Federación Autismo Galicia

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades