© Federación Autismo Galicia | 26/05/2023 | CURSO TALLER DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NO FOGAR
CURSO TALLER DE PROMOCIÓN DE HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE NO FOGAR
O obxectivo do curso e adquirir as estratexias, adaptacións, competencias e habilidades necesarias para facilitar o desenvolvemento dos hábitos de vida saudables a través do exercicio físico e do deporte no ámbito do fogar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
OBXECTIVO: Adquirir as estratexias, adaptacións, competencias e habilidades necesarias para facilitar o desenvolvemento dos hábitos de vida saudables a través do exercicio físico e do deporte no ámbito do fogar.
DATAS: Sábado 17 de xuño de 2023
Nº DE HORAS: 4 h. teórico-prácticas
HORARIO: De 10h a 14h
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
MODALIDADE: Presencial no Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)
PERSOAS DESTINATARIAS: Familiares e persoas con TEA.
Nº DE PRAZAS: 25
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 6 de xuño de 2023 ás 12h.
*Confirmaremos a praza (ou lista de espera), unha vez finalizado o prazo de inscrición.
PROGRAMA:
- Beneficios do exercicio físico.
- Alteracións da motricidade a nivel vestibular e propioceptivo.
- Actividade física na contorna familiar.
- Que debo ter en conta á hora de planificar exercicios.
- Materiais e xestión do tempo.
- Técnicas de relaxación e masaxes.
- Iniciación a deportes na natureza.
DOCENTE: Sergio Gómez Gallo
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais.
Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade.
Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.
Lugar de celebración:
Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)