Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 10/04/2023 | Programa "COIDAR AO QUE COIDA" da Asociación Capaces Lugo.

Programa COIDAR AO QUE COIDA da Asociación Capaces Lugo.

Novo programa posto en práctica pola Asociación Capaces Lugo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especial. Enmarcado no Programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia.

 

02/04/2023 - | Lugo

Programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia.

Novo programa posto en práctica pola Asociación Capaces Lugo en común con Carmen Moreno Merino, psicopedagoga e experta en atención temperá e educación especial, ten formación en evaluación de TEA e máis de 10 anos de experiencia en intervención con nenos con Trastorno do Espectro Autista, esta vez non se trata de algo para os rapaces e rapazas con TEA, se non unha actividade para nais e pais que necesitan ter unha rede de apoio, moitas veces para poder seguir loitando polos dereitos das nosas fillas e fillos e que agotanos bastante no dia a dia, o programa chámase " Coidar ao que Coida".

Realizaráse un sábado ao mes de 11:30 a 13:30 mentras se fan as actividades de ocio cos rapaces que temos inscritos, e se algunha familia ten necesidade de traer aos seus fillos, poderían quedar cos monitores, sempre avisando con antelación. 

 

Este grupo de apoio ás familias forma parte do Programa de Atención Sociofamiliar da Federación Autismo Galicia e está subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e Xuventude, así que será gratuito para socios, pero poderán participar non socios pagando unha cuota por sesión.

Para máis información podedes enviar un correo a capaceslugo@gmail.com ou chamar ao 619170890.

Info en https://capaceslugo.blogspot.com/2023/04/programa-coidar-ao-que-coida.html

Lugar de celebración:

Lugo

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades