Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 07/03/2023 | Un ano máis á iniciativa mundial coñecida como Ligh It Up Blue (Ilumina de Azul) promove a iluminación en azul de edificios e monumentos do noso país, como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias.

Un ano máis á iniciativa mundial coñecida como Ligh It Up Blue (Ilumina de Azul) promove a iluminación en azul de edificios e monumentos do noso país, como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias.

En Galicia no ano 2022 conseguimos máis de 90 edificios e monumentos, tanto de titularidade pública como privada. Entre os máis importantes de Galicia estiveron o Concello de Santiago, o CGAC, e a Cidade da Cultura, entre outros. Este ano 2023 temos o reto de chegar a 500, e gustaríanos contar con vós!

07/03/2023

O próximo domingo, 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2023.

No marco da campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias. O reto para este ano é alcanzar os 500 edificios e monumentos iluminados de azul a serán do 2 de abril.

Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul en sinal de apoio as persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo). Trátase dunha campaña mundial  Light It Up Blue (Ilumína de azul) promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo EuropaAutismo España e por nós, Autismo Galicia.

No 2022 ilumináronse en España máis de 450 monumentos. En Galicia foron máis de 90 edificios e monumentos, tanto de titularidade pública como privada. Entre os máis importantes de Galicia estiveron o Concello de Santiago, o CGAC, e a Cidade da Cultura, entre outros.

Este ano 2023 temos o reto de chegar a 500, e gustaríanos contar con vós!

Animamos ao seu concello ou entidade a sumarse á iniciativa iluminando de azul a súa sede ou calquera outro monumento significativo da súa zona a tarde-noite do domingo 2 de abril.

O reto para este ano é alcanzar os 500 edificios e monumentos iluminados de azul a serán do domingo 2 de abril. Calquera persoa pode solicitar aos responsables dun edificio ou monumento da súa localidade que se some á iniciativa. Para iso, poden utilizar tanto o modelo de carta como o cartel da iniciativa, dispoñibles na web www.diamundialautismo.com no apartado “Ilumina de Azul” (tanto en castelán como no resto de linguas cooficiais).

Suma e comparte!

Co fin de visibilizar esta iniciativa solidaria coas persoas con autismo e as súas familias, animamos a completar este formulario de rexistro a aqueles edificios e monumentos que vaian iluminarse de azul o próximo 2 de abril, ou datas próximas.

Tamén poden compartir a través dos seus perfís de redes sociais que se suman a esta iniciativa, utilizando os hashtag #IluminadeAzul #LIUB #DíaMundialAutismo.

 

 

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias