© Federación Autismo Galicia | 02/02/2023 | Actividade do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2023. A Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA.
Actividade do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2023. A Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA.
Con motivo do 18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, poñeremos o foco no obxectivo de dar a coñecer claves e experiencias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo, e a súa a vida independente e inclusión na comunidade. INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA". CUBRINDO ESTE FORMULARIO.
ACTO INSTITUCIONAL e Xornada: "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA." con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER.
O 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data instaurada en 2007 para visibilizar e reivindicar os dereitos das persoas con síndrome de Asperger, é dicir, con trastorno do espectro do autismo (TEA) sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.
Este ano poñeremos o foco en reclamar á sociedade que “faga espazo” ás persoas con síndrome de Asperger é os procesos de toma de decisión, en calquera ámbito da súa vida, tanto persoal como profesional.
Para a conmemoración deste día a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan un acto oficial e a Xornada: "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA."na que poñeremos o foco no obxectivo de dar a coñecer claves e experiencias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo,e presentarase o Programa DES-PEGUE sobre vida independente e inclusión na comunidade.
Contaremos coa presenza da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, da tenente de alcalde do Concello de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro, a presidenta da Asociación Asperga, Rita González Fernández, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.
Tras a presentación oficial daremos paso a Xornada presencial na que compartiremos claves e experiencias cara a vida independente e a inclusión na comunidade das persoas con TEA. Poñendo o foco en solucións e estratexias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo.
ABERTO A TODO PUBLICO!
#Hazespacio ás persoas con síndrome de Asperger
Data de realización:: 11 de Febreiro do 2023
Lugar de realización:: Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche. Santiago de Compostela.
Hora: de 10:30h a 13:30h
INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA". CUBRINDO ESTE FORMULARIO.
PROGRAMA DO EVENTO
- PRESENTACIÓN ACTO OFICIAL
De 10:30h a 11:00h
Contaremos coa presenza da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, da tenente de alcalde do Concello de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro, a presidenta da Asociación Asperga, Rita González Fernández, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.
-
Conferencia Gobernanza Inclusiva de persoas con TEA
- Marisol García Penalta, Directora da Asociación Asperga.
- José Manuel Lamas Perez Cepeda, Secretario da Xunta Directiva da Asociación Asperga.
- Breixo Santa García (Vogal da Xunta Directiva da Asociación Asperga.
- Conferencia e presentación do Programa DES-PEGUE
-María José Vaamonde - Coordinadora do programa.
- Conclusións e preguntas
Cristina Couto Pena, psicóloga da Federación Autismo Galicia e ponentes.
Unha actividade subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.
Lugar de celebración:
Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche. Santiago de Compostela.