Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 30/01/2023 | NON VIOLENCIA NA AULA PARA O ALUMNADO CON TEA. É necesario transmitir unha mensaxe de tolerancia cero, e levar a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA.

NON VIOLENCIA NA AULA PARA O ALUMNADO CON TEA. É necesario transmitir unha mensaxe de tolerancia cero, e levar a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA.

O alumnado con autismo continúa aumentando, o papel dos docentes e do resto de profesionais que traballan nos centros educativos é fundamental á hora de favorecer neles un clima de convivencia e un traballo en valores que permitan interiorizar esas diferenzas e levar aos alumnos e alumnas a valorar e respectar a todo o mundo por igual.

 

30/01/2023

O día 30 de xaneiro conmemórase nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Queremos poñer o foco no ámbito educativo, onde é imprescindible que se fomente e transmita o respecto á diversidade, para concienciar de que “todos somos diferentes”.

 

Case a metade dos nenos e nenas con autismo sofre acoso escolar. Por iso, o papel dos docentes e do resto de profesionais que traballan nos centros educativos é fundamental, á hora de favorecer neles un clima de convivencia e un traballo en valores que permitan interiorizar esas diferenzas e levar aos alumnos e alumnas a valorar e respectar a todo o mundo por igual.

Temos presentes que valores como tolerancia, convivencia, solidariedade, e respecto aos Dereitos Humanos e fundamentais, son importantes nunha cultura de non violencia e paz.

Esta é a base irrevogable que permite ao alumnado convivir e adquirir coñecementos, actitudes e competencias comprometidas cos seus dereitos e o doutras persoas, así como aceptar a diversidade de todo o alumnado e as súas capacidades, competencias e potencialidades diferentes.

O alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA) identificado no noso país aumentou un 8,07% (4.497 persoas) no curso escolar (2020-21), dándose un incremento porcentual similar no caso de nenos 8% (3.732) e nenas 8,44% (765). Actualmente, son 60.198 os alumnos/as con autismo (50.372 nenos e 9.826 nenas) que cursan os ensinos non universitarios establecidas no sistema educativo español, o que representa:
  • un 0,73% do total do alumnado que cursa ensino de réxime xeral.
  • o 26% do total do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociado a unha discapacidade, o que supón que máis de 1 de cada 4 destes estudantes presenta TEA.

Autismo España, constatou un aumento de alumnado escolarizado con TEA nun 118 % nos cursos 2011-2012 e 2017-2018.

ACOSO ESCOLAR E TEA

A investigación en canto ao acoso escolar de persoas con discapacidade tamén incrementouse como indica o estudo de Smith & Berkkun, 2017. Os resultados de diferentes estudos poñen de manifesto que o alumnado con TEA é victimizado con maior frecuencia que os adolescentes con só discapacidade intelectual ou desenvolvemento típico. E mostran experiencias de acoso de diferente tipo e de maior gravidade en comparación con outros grupos.

Así pois, as persoas con TEA presentan maior risco de ser vítimas (Hernández, 2017) entre o dobre e o cuádruplo risco de ser vítima. A vulnerabilidade das persoas con TEA non se debe só ás súas características individuais senón ao contexto no que ven inmersas.

Desde Autismo Galicia instamos a que se garanta a atención educativa ao alumnado con TEA e que leven a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA, é responsabilidade de todos transmitir unha mensaxe de tolerancia cero.

Desde Federación Autismo Galicia, co compromiso de todas as entidades que a integran, levamos varios anos promovendo o coñecemento e a comprensión do TEA. Para iso, realizamos diversas iniciativas no ámbito da educación baixo un valor técnico específico e especializado, podes coñecer todos os nosos recursos na nosa Editorial Autismo Galicia: COLECCIÓN EDUCACIÓN e atención TEA

 

 

Podes ampliar información descargando o informe de Autismo España: “Datos de alumnado no universitario con trastorno del espectro del autismo. Curso 2020-2021″. 

 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias