Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/12/2022 | A Federación Autismo Galicia participa no acto do 3 de decembro, do CERMI Galicia, polo Día das Persoas con Discapacidade.

A Federación Autismo Galicia participa no acto do 3 de decembro do CERMI Galicia, polo Día das Persoas con Discapacidade.

No Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, a Federación Autismo Galicia xunto ás entidades que conforman o CERMI Galicia súmase aos actos de conmemoración e participa no video da campaña, #noesunprivilegioesunderecho polo dereito á accesibilidade universal de todas as persoas con discapacidade.

 

03/12/2022

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra cada ano o 3 de decembro, Autismo Galicia súmase ao movemento CERMI e poia as reivindicacións expostas polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade.

No acto conmemorativo polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade no Parlamanto de Galicia, estivo presente a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

O Parlamento de Galicia albergou o venres 3 de decembro, da man do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) en Galicia, a celebración dun acto institucional conmemorativo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu a representación de CERMI lembrando que “as portas do Parlamento de Galicia están permanentemente abertas para calquera persoa ou colectivo” e de maneira particular “para quen necesita atención especial por parte dos poderes públicos”.

No acto conmemorativo no Parlamanto de Galicia estivo presente a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, dúas persoas representantes de CERMI Galicia deron lectura a un manifesto. Tamén tomaron a palabra o presidente de CERMI Galicia e maila conselleira de Política Social da Xunta.

Autismo Galicia participa no video conmemorativo do CERMI Galicia pola accesibilidade universal.

Durante o acto, fíxose a estrea dun vídeo conmemorativo que conta, a través de testemuños e experiencias de persoas con discapacidade. Este ano o video da campaña, #noesunprivilegioesunderecho céntrase no dereito á accesibilidade universal de todas as persoas con discapcidade.

"A accesibilidade cognitiva é un dereito que permite a participación de todas as persoas"

Aitana García Lage Técnica en Accesibilidade Cognitiva da Federación Autismo Galicia.

Preme aquí para ler ou descragar o Manifesto do CERMI con motivo do 3 de decembro de 2022, Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

Archivada en:
Infórmate > Noticias