© Federación Autismo Galicia | 25/10/2022 | Son Pablo, teño 24 anos, diagnóstico de TEA e discapacidade intelectual. CAMPAÑA ISTO É TEA
Son Pablo, teño 24 anos, diagnóstico de TEA e discapacidade intelectual. CAMPAÑA ISTO É TEA
Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a PABLO, persoa adulta con autismo, con moitas necesiades de apoio que traballa nunha empresa de carpintería. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?
Hoxe presentamos a PABLO. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis.
"Son Pablo e teño 24 anos. Son unha persoa tímida á que lle custa falar e compartir, e penso que son un pouco serio. As bromas non me gustan, eso sí, as tolero cando mas explican ben. Aínda que me molestan as persoas cuxos movementos e intencións non podo anticipar, gústame estar con xeste tranquila e clara. Non soporto os gritos da xente, sen embargo, os ladridos dos cans non me molestan nin inquietan. Teño un diagnóstico de TEA e discapacidade intelectual.
Desde 2019 vivo nunha residencia tras ter vivido nunha casa de acollida, cando era mais pequeño, a que cheguei para afastarme das peleas diarias na miña familia que eu non podía soportar e comprender. Recordo que vivía mal que dúas persoas as que quería tanto, estivesen discutindo, maltratándose, sen que eu puidese protexer a ningún. Sentíame raro e carecía dos apoios necesarios que me permitisen entender a situación dun xeito descifrable. As relacións sociais son para min un enigma.
A miña escolaridade desenvolveuse nun centro de primaria ordinario ata a miña adolescencia, momento no que tiven que acollerme a programas especiais de FP onde cursei reprografía e de transición a vida adulta.
Actualmente traballo no obradoiro de cociña da miña residencia, preparando os carros, xestionando os servizos, escribindo etiquetas, participo en actividades de reciclaxe de lixo. Tamén axudo aos meus compañeiros con mais necesidades de apoio a realizar as diferentes tarefas que temos baixo a nosa responsabilidade.
Son una persoa moi activa que necesita estar facendo cousas e que agradece as felicitacións e recompensas ao traballo realizado. Recoñezo que necesito diferentes apoios para facelo ben, non son independente. Cando erro, non é intencional, por iso non soporto que me reprendan con malos modos. Traeme malos recordos e perdo o autocontrol chegando incluso a pegarme, autolesionarme.
Tamén sei disfrutar. Escoito música, uso a tablet para consultar Instagram, ver videos dos 40 principais e informarme das novidades sobre protectoras de animais. Gustanme moito os cans, os gatos e todos os animais que hai no mundo: están en perigo, os matan e eu sinto que tería que salvalos. Na TV escoito as noticias, os resultados de fútbol e podo dicir que son do Madrid, da Selección Española e do Celta de Vigo. Os xogos de mesa non son o meu, o parchis, a veces, pero có que disfruto é co Conecta 4. Pero iso sí, facer o Camiño de Santigo foi a experiencia mais emocionante da miña vida.
Para a miña tranquilade consulto na axenda cada mañá o que vou facer, os compañeiros e os monitores cos que vou compartir cada día. Preciso anticipar e visualizar a miña xornada. Gozo dunha boa saúde física pero non así dun bo equilibrio emocional, polo que recibo un tratamento con psicofármacos como apoio imprescindible para preservar o meu benestar emocional. Menos mal que existen! e que a residencia na que eu estou me garantiza a atención dun psiquiatra de referencia que acude cando é preciso, e comparte o control da miña saúde mental cos meus monitores e profesionais que me coñecen ben. Quero darlle as gracias a enfermería por coidar tan ben da miña saúde.
Como calquera outra persoa tamén teño sonos. Gustaríame ser locutor de radio dunha emisora musical ou traballar nunha protectora de animais axudando con colaboracións.
Por certo, teño Autismo e DI, sí, pero quero que sepades que non son asocial e que gozo có cariño, os alagos, as felicitacións e das relacións sociais… previsibles."
En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.
Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.
O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.
Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).
O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como:
E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.
A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.
Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.
"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.
A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.
A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.
Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.
ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.
O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.
Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.
ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.
COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:
Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.
Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.
Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.
Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.
Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA
Segue a campaña ISTO É TEA.
#IstoéTEA
#SonUNMÁIS
#SomosTEA
SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:
https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134